Institucións republicanas
A mediados do século IV censura, ditadura, e pretura urbana (función xudicial arrebatada ao consulado) ábrense á plebe. O consulado faino en 376 a.e. Créanse dous ediles curules (paralelos aos plebeos) para os patricios, que tamén estarán ao alcance dos plebeos. O desempeño das maxistraturas abre as portas do senado: patres conscripti (inscritos). Membros do Senado: patres (patricios) et conscripti (plebeos).
Poderes do Estado (detidos polos maxistrados)
Potestas: tomar augurios dentro da cidade, realizar edictos, impoñer multas, convocar ao pobo e ao Senado para propoñer a votación de decisións.
Imperium: todos os poderes da potestas, ademais de tomar auspicios fóra da cidade, dirixir o exército, poderes xudiciais, convocar os comicios centuriados.
Maxistrados
maiores, cum imperium:
Cónsul,
Máxima maxistratura romana, colexiada. Cargo electo e anual, escollidos polos comicios
centuriados. Poderes militares e civís: dirección do exército e nomeamento dos
tribunos militares; convocar o senado e asembleas populares, presidir estas,
facer proxectos de lei, promulgar edictos, dan o seu nome ao ano, nomean
sacerdotes, fixan as festas, encargados da seguridade pública. Rematado o
cargo, podían actuar como procónsules
nas provincias.
Pretor, alta maxistratura durante o s. V. A mediados de século, por decisión do senado alternan cos magistri militum consulari potestate (de 3 a 6 a o longo do século), que son cargos militares, patricios ou plebeos. Durante o resto da República, é un cargo colexiado elixido polos comicios centuriados (pasaron de 2 a 8 membros a partir do s. I a.e.). Funcións: substituír aos cónsules cando estaban fóra de Roma e competencias xudiciais (convocan ás partes e nomean aos xuíces e presiden comisións xudiciais). Ao principio facíanse cargo do goberno das provincias, que pasan con Sila a cargo dos propretores (expretores)
Dictator
(mediados s. V). Maxistratura única (magister populi) con axudante (magister
equitum), extraordinaria, en caso de extremo perigo, só dura 6 meses.
Suspendíanse todas as maxistraturas, agás o tribunado da plebe. Só se nomearon
3 ditadores ao longo da República, exceptuando a ditadura constituínte de Sila
e a perpetua de César.
Outros maxistrados maiores:
Censor, mediados s. V: elaborar o censo de cidadáns e clasificación timocrática (valoración do patrimonio). Ao principio eran só patricios, incluíndo aos plebeos a partir do s.IV. Eran 2, elixidos polos comicios centuriados. Máis tarde elaboraban a lista dos senadores e vixiaban os costumes. Escollidos cada 5 anos (período de cada censo), o cargo duraba 18 meses. Eran maxistrados superiores, pero sen imperium. Elaboraban a lectio senatus ou lista de senadores, emitían a nota censoria ou degradación censitaria por incumprir obrigas militares, o abuso do imperium, corrupción dos xuíces, falso testemuño, abuso do dereito de veto, roubo. A acepción moderna do censor deriva desta función de "garda da moral".
Maxistrados
menores:
Edil: os ediles plebeos nacen en 493, para custodiar os bens do templo dedicado á tríade plebea, Ceres, Liber e Libera, no Aventino; gozan tamén de inmunidade. Co tempo incorporáronse 2 membros curules. Cargo anual, elixidos polos comicios tribais. Vixiaban a cidade (policía municipal) e o culto, os costumes, a sanidade, rúas e edificios públicos, e da annona (administración do subministro de cereal). Organizaban e costeaban os xogos públicos.
Cuestor: en
421 acceden plebeos con 2 membros (4 en total). De orixe monárquica:
investigadores de asuntos criminais. Cambia de número de membros ao longo do
tempo: 4 a comezos da República. Elixidos nos comicios tribais. Eran
tesoureiros do Estado e nalgúns casos eran membros de colexios xudiciais. Os
cuestores urbanos asistían aos cónsules, encargados dos arquivos e erario
público. En provincias asistían a procónsules e propretores, administraban o
tesouro provincial e pagaban os estipendios e vendían o botín.
Tribuno da plebe: Xorde no s. V, con 10 membros. Cargo anual e inviolable. Reunían á plebe,
presidían a elección de novos tribunos e ediles, posuían dereito de veto e
decretaban castigos. Podían publicar normas, presidir a elección de calquera
maxistrado e propoñer plebiscitos (consulta á plebe).
Decemviros:
comisión de 10 membros proposta polos plebeos para poñer por escrito as leis e
así rematar coa arbitrariedade dos maxistrados. Creouse en 451, incluíndo aos
cónsules dese ano. Suspendeuse o exercicio do resto das maxistraturas. Debía
durar un ano, pero prorrogouse outro máis. De aí sae a primeira codificación
das leis romanas: as XII Táboas. Durante este período, a plebe volveu retirarse ao Aventino (todos), obrigando aos decemviri a dimitir, acusados de
corrupción e querer perpetuarse no cargo.
Asembleas:
Senado: 300
membros, primeiro escollidos polos cónsules, logo polos censores (lectio
senatus). Era convocado por algún dos maxistrados maiores. O resultado do voto
das propostas dos maxistrados publicábanse baixo a forma de senatus-consultum,
que podían ser tanto leis como instrucións para os maxistrados.
Logo da creación da nobilitas patricio-plebea, os novos senadores recrutábanse
entre os ex maxistrados, e debían formar parte da clase dos equites
(cabaleiros, clase cunha renda elevada). Era un cargo vitalicio, salvo nota censoria. Estaba dividido
entre os Patres, patricios, e os conscripti, de orixe plebea.
Atribucións do senado: confirmar decisións das
asembleas populares, declarar condicións para nomeamento do ditador, organizar o recrutamento de soldados e decidir a súa disolución; preparaba as declaracións
de guerra, os tratados de paz e ratificaba os asinados polos xenerais; dirixía as misións diplomáticas; controlaba as finanzas, establecía os tributos;
competencias xurídicas: nomeaba comisións xudiciais para xulgar gobernadores
provinciais. Converteuse no tribunal por excelencia para asuntos criminais.
Comitia Curiata, Comicios Curiais: herdados dos tempos monárquicos, conservaron un significado meramente
ritual en tempos republicanos. No século III só se reunían para aprobar
adopcións (adrogatio) e votar a lei de investidura dos maxistrados,
desaparecendo practicamente no s. II a.e.
Comitia Centuriata, Comicios Centuriados: nacidos da reforma de Servio Tulio, segundo a tradición (aínda que claramente anacrónicos naquel tempo). Eran convocados polos maxistrados con
imperio, os ediles curules e os censores para facer o censo:
-
escollían aos maxistrados superiores:
-
declaraban a guerra, a paz e concertaban alianzas.
- concedían a cidadanía
-
decidían a fundación de colonias
-
era tribunal de apelación para casos de desterro ou morte
-
poder lexislativo: votaban as leis propostas polos maxistrados.
Se dividió a la población en clases y centurias. Las clases eran cinco, integradas por propietarios cuyas yugadas (dos mil quinientos metros cuadrados) de tierra ascendían a veinte en la primera clase, quince en la segunda, diez en la tercera, cinco en la cuarta y dos en la quinta. La población así repartida se agrupaba en centurias militares hasta un total de ciento noventa y tres: dieciocho de caballería, integradas por los propietarios más adinerados, ochenta de infantes de la primera clase, veinte de la segunda, veinte de la tercera, veinte de la cuarta y treinta de la quinta. Existían, además, cinco centurias de auxiliares, que no combatían, integradas por los ciudadanos con menos recursos.
Creó una nueva asamblea ciudadana, los comicios por centuria o Comitia centuriata, en los que únicamente tomaban partido los ciudadanos que contribuían a la constitución del ejército (infra classem y proletarios estaban excluidos) y en la que a efectos de votación cada centuria equivalía a un voto. (M.A. NOVILLO. Breve historia de Roma, p. 44)
En 312 prodúcese unha reorganización das clases, de maneira que poden acceder ás primeiras clases os que teñan rendas suficientes. A finais do s. III un novo cambio implica a elevación de centurias de 193 a 375, co que os 98 votos das dúas clases superiores (80 de pedites e 18 de equites) xa non son suficientes para gañar as votacións, co que as clases inferiores adquiren maior presenza nos comicios. Grande influencia da plebe urbana, polas dificultades de asistencia dos habitantes do medio rural.
Concilium Plebis: asemblea plebea fundada tras a Secessio Plebis, onde se elixían os Tribunos da Plebe e os Edís plebeos. Decidía por plebiscitos «consultas á plebe», decisións que nos comezos da República só afectaba a esta clase. Non está claro a partir de que momento deixaron de funcionar ata confundirse cos Comitia Tributa (seguramente a partir da Lei Hortensia -287 a.e.-, cando os plebiscitos adquiriron rango de lei).
Comitia Tributa, comicios tribais: organizados en función do reparto da cidadanía en tribos (distritos territoriais), urbanos e rústicos. En 241 a.e. había 31 rústicas e 4 urbanas. As tribos eran as unidades de votación, e dentro de cada unha votaban todos os seus membros. Suponse que herdaron o papel e competencias dos Concilia Plebis integrando tamén aos patricios, de aí que os plebiscitos puidesen xa ser vinculantes, para se converter no principal órgano lexislativo ao decidir sobre as leis constitucionais, logo ratificadas polo Senado. Representaban, en definitiva, ao populus, é dicir, o pobo romano enteiro. Ademais dos edís e tribunos da plebe, pasaron a elixir aos demais maxistrados menores (cuestores, ediles curules e tribunos militares). Tamén tiñan competencias xudiciais, ao xulgar delictos non capitais.
Os progresos xurídicos da plebe:
Lei das XII Táboas: compilación de normas de dereito consuetudinario romano datada a mediados do s. V a.e, con pervivencia de formas de dereito antigo, como a lei do talión, a herdanza da gens, a prohibición dos matrimonios mixtos patricio-plebeos ou o enorme poder do paterfamilias, máis outras novas (algunhas de influencia da Magna Grecia), como o sistema de indemnizacións e multas ou a regulación da herdanza. Salienta a lexislación sobre as débedas, segundo a cal os debedores poden perder a liberdade ou seren executados. A principal consecuencia sobre a plebe era que, ao ser publicada, todo o mundo tiña acceso ao seu coñecemento, non como anteriormente, que se restrinxía ao patriciado.
Leis Licinio-Sextias: Presentada en 376 a.e. aos comicios por dous tribunos da plebe, Caio Licinio e Lucio Sextio. Permitía que os plebeos accedesen ás altas maxistraturas (consulado, censura, ditadura, pretura urbana e senado), especialmente ao consulado, de xeito que cada un deles pertencese ao patriciado e á plebe, con poder de veto sobre o colega. Limitaba a 500 xugadas a cantidade de ager publicus que podía ocupar un individuo. Buscaba solución ao problema das débedas: obrigaba a descontar da débeda os intereses xa pagados; o resto da débeda pagararíase en cotas durante os tres anos seguintes.
Estas habían ser as leis principais que permitirían a "emancipación" da plebe de todas as pexas que lles impedían progresar na carreira dos honores, é dicir, da promoción política. Só daquela se fixo posible o xurdimento dunha nova clase gobernante mixta, por iso chamada nobilitas patricio-plebea.
Lei Ogulnia: en 300, abre aos plebeos os cargos relixiosos: colexios de Pontífices (4 plebeos sumados aos 4 patricios existentes) e augures (5 plebeos ademais dos 4 patricios). Exceptúanse os flámines (sacerdotes da tríade capitolina), o rex sacrorum (elixido no patriciado, herdeiro dos deberes rituais do Rex da era monárquica) e o interrex (maxistrado que celebraba os comicios en ausencia do cónsul).
Lei Hortensia: en 287, é a lei que establece que os plebiscitos fosen vinculantes para toda a cidadanía, facéndose equivalentes en rango ás emanadas dos comicios centuriados [o cal baleira de sentido os Concilia Plebis, que non está claro cando desaparecen; seguramente a raíz desta lei] .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios