Mostrando entradas con la etiqueta Historia de Roma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia de Roma. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de marzo de 2020

Historia de Roma. Vídeos

Historia completa de Roma: Monarquía, República e Imperio (Vídeo, 52 minutos)


Ocho días que marcaron la historia de Roma, cruzando en Rubicón 

Sinopse: En el año 100 a.C. Roma es una República que dura ya 500 años, pero Julio César es un general muy ambicioso que tras invadir la Galia y gobernarla, entró en Roma con su ejército en el año 49 a.C., declarando así la guerra a la República. Se proclamó senador  dictador vitalicio, sustituyendo a la República.





lunes, 24 de abril de 2017

Tema 12. 3. Datos arqueolóxicos sobre a Roma pre-republicana


                                        Mapa da Roma Imperial

Esquema parcial do apartado correspondente á Roma pre-republicana do tema 12 do manual, de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned.


Índice de contidos

3.1 Os contidos da tradición sobre a época pre-romúlea e a fundación da urbs.
3.2 Evidencias arqueolóxicas sobre a época pre-romúlea
3.3 Interpretacións sobre a orixe de Roma
3.4 A tradición histórica sobre a monarquía romana
3.5 As principais evidencias arqueolóxicas da Roma Arcaica

Periodización
A protohistoria lacial distribúese en 4 períodos entre 1000-580 a.e. (segundo periodización de H. Müller-Karpe e datacións absolutas de G. Colonna).

PERÍODO
ETRURIA
LACIO

Bronce Final
s. XII-IX
Protovillanoviano
s. X-IX
Fase I

Idade do Ferro.
s. IX-VIII
Villanoviano
s. IX
Fase II-III
(900-720)
Fase III: comezos da concentración poboacional en torno aos outeiros romanos
Idade do Ferro. Orientalizante
s. VIII-VII
(720-580)
s. VIII-VII
(720-580)
Influencia colonias gregas
s.VII: Monarquía reis latinos: comezos da urbanización
Época Arcaica
580-480
580-510
s.VI: Monarquía reis etruscos: testemuños de edificios públicos

A topografía romana
Roma segue a tendencia das cidades latinas e etruscas de situarse próxima pero non a rentes do mar, co que se comunicaba a través do Tiber. O vadeo deste río a través da illa tiberina (illa situada xusto no medio do seu curso) favorecía as comunicacións entre a Etruria e a Campania, constituíndo unha encrucillada de rutas terrestres privilexiada no conxunto da Italia Central.
Os famosos outeiros romanos son o resultado da colada volcánica dos montes Albanos (centro xeográfico e relixioso dos pobos latinos). A solidificación das cinzas produciu os terreos volcánicos tan característicos do Lacio, coñecidos como puzolana ou como tobas, dependendo da súa composición e consistencia.
Segundo a enumeración tradicional, os 7 outeiros romanos son: Palatino, Capitolio, Quirinal, Viminal, Esquilino, Celio e Aventino.

O Palatino ocupaba un lugar central. Na Antigüidade diferenciábanse dentro deste outeiro dous cumios, Germal (Cermalus) ao oeste e o Palatino ao leste, cun apéndice cara ao norte coñecido como Velia.
Topografía dos outeiros romanos
Separado destes, cara ao NO e separado pola depresión do río Velabro, está o Capitolio, de pendentes moi escarpadas, ao seu tempo con tres partes diferenciadas: Arx (a acrópole), o Capitolium propiamente dito e máis o Asylum.
No Esquilino, especie de meseta que pecha o conxunto cara o leste, distínguense diferentes unidades como o Oppio, o Fagutal, a Subura -xa no val-, etc.
Para rematar, arredor do Palatino ao leste e sur, temos respectivamente o Celio (tamén chamado Querquetulanus mons, o que fai referencia a un bosque de carballos), e máis o Aventino, que se ergue a carón do Tíber.
Entre os outeiros, atravesados por diferentes cursos de auga, as depresións do terreo adoitaban estar anegadas debido ás crecidas. O Velabro, que era o regato que discorría entre o Palatino e o Capitolio, deu nome ao val pantanoso no que acabaría instalándose o Foro tras a súa desecación. Precisamente debido a esta condición pantanosa, os primeiros asentamentos humanos tiveron que xurdir nos outeiros e de aí tamén que a tradición literaria situase a primeira cidade, Palantea (fundada polo mítico rei arcadio Evandro) nun dos outeiros, o Palatino. Non debe ser casual que a Roma de Rómulo xurdise precisamente neste lugar.

Sobre a fundación de Roma nas fontes literarias. A disciplina etrusca no ritua de fundación

    • Plutarco, Rómulo 11
  • Tras ter enterrado a Remo e aos seus pais adoptivos na Remoria, Rómulo dispúxose a levantar a cidade. Para iso fixo vir de Etruria a uns homes que o guiaran e ensinaran os ritos e fórmulas como nunha cerimonia relixiosa. No lugar chamado hoxe Comicio cavouse unha foxa circular, onde se botaron as primicias de todo canto está lexitimado pola lei ou imposto pola natureza; finalmente cada un botou un puñado de terra traída do seu lugar de orixe e mesturouse todo. A esta foxa danlle o nome de mundus, o mesmo que no Olimpo. Despois trazouse arredor deste centro a muralla da cidade, dándolle a forma dun círculo. Tras poñer ao seu arado a rella de bronce, o fundador xunguiuno a un boi e a unha vaca e conduciuno cavando un rego profundo sobre a liña circular que se trazara. Seguíano uns homes encargados de botar cara a dentro os terróns que levantaba o arado, sen deixar ningún fóra. Esta liña marca o contorno das murallas e leva o nome de pomerium, palabra sincopada que significa “detrás da muralla”. Alí onde se quere intercalar unha porta, retírase a rella, levántase o arado e déixase un intervalo. Así considérase sagrado todo o muro a excepción das portas, pois se se ten a estas por sagradas, non se podería, sen temer a cólera divina, facer pasar por elas as cousas necesarias que entran na cidade nin as cousas impuras que se expulsan. 
    • Varrón, De Lingua Latina 5, 143
  • Moitos fundadores levantaban no Lacio cidades seguindo o rito etrusco: despois de xunguir dous animais vacúns, un touro e unha vaca -que ocuparía a posición interior-, trazaban co arado un rego, para sentirse fortificados por un foxo e unha muralla. Naturalmente, a operación realizábana un día en que, de acordo coa relixión, os auspicios foran favorables. O burato resultante de extraer a terra chamárono fossa: e a terra deixada tras del, murum (muralla). Despois disto, o círculo (orbis) que se obtiña era o comezo da cidade (urbs, urbis); e, como ese círculo, se encontraba detrás da muralla (post murum), denominábase post moerium [etimoloxía dubidosa de pomerium]: ata aquí chegaba o lugar no que podían tomarse os auspicios na cidade. En torno a Aricia e Roma aínda están en pé os marcos.

Teorías sobre as orixes de Roma

Para a explicación das orixes de Roma teñen xurdido diferentes hipóteses, establecidas xeralmente tomando como fundamento os datos arqueolóxicos máis recentes.
Merecen salientarse as teorías seguintes.
- Teoría do Sinecismo de G. Pinza e E. Gjerstad.
- Teoría da orixe unitaria de H. Müller-Karpe.
- Teoría da fundación romúlea de Carandini.

Segundo a Teoría do Sinecismo, Roma tería xurdido da fusión dunha serie de asentamentos autónomos e da mesma entidade orixinalmente asentados nos outeiros do Palatino, Quirinal, Esquilino e Celio. O proceso tería culminado en 575 a.e., cando consideraban (erroneamente) que se producira a primeira pavimentación do foro (o que hoxe en día se sitúa arredor do 630 a.e.). A partir deste momento desenvolveríase a fase urbana da cidade.

H. Müller-Karpe e máis G. Colonna reaccionaron ante esta teoría propoñendo unha nova cronoloxía e máis a súa propia teoría sobre a orixe de Roma, coñecida como Teoría da orixe unitaria. Segundo esta, Roma xurdiu dun núcleo orixinal de cabanas situada no Palatino, que se iría estendendo a outros outeiros ata acadar a zona do Foro no s. VIII a.e. -como zona de habitación-, costituíndose a cidade non antes de finais do s. VII a.e.
Os enterramentos do Foro e logo os do Esquilino corresponderían a dúas fases de desenvolvemento dun mesmo asentamento, o do Palatino.
Un apoio a esta certa unidade do poboamento buscouse tradicionalmente na mención a unha celebración relixiosa recollida por Varrón e outros autores, o Septimontium, festa que se celebraba o 11 de decembro. Consistía nun circuíto no que se realizaban sacrificios purificatorios atravesando 8 lugares: “Palatino, Velia, Fagutal, Subura, Cermalo, Celio, Opio e Cispio” (Festo-Paulo, p.459). Son todos outeiros agás a Subura, que está no val. Segundo moitos autores, o Septimontium reflectiría, en definitiva, un momento do proceso de formación do asentamento romano con cabeza no Palatino.

Outeiros implicados no rito do Septimontium
Reconstrución do Palatino no s. VIII a.e.

Máis tarde A. Carandini, atendendo aos resultados das escavacións na aba setentrional do Palatino, propón reconsiderar as fontes escritas á luz destes novos achados arqueolóxicos, posto que a fundación de Rómulo, datada pola tradición en 753 a.e., vén coincidir cos fondos de cabana e a construción defensiva do Palatino datables precisamente no s. VIII a.e.
Segundo esta corrente, existiría unha fase protourbana (mediados s. IX-1ª metade s.VIII a.e.) e identificada por un asentamento unificado con practicamente os mesmos límites que terá a cidade arcaica. Neste momento o Palatino xa revestía importancia fundamental, onde se localizou a casa do xefe do núcleo protourbano.
Planta, alzado e...
reconstrución hipotética da chamada "Casa do Xefe" do Palatino

En gris claro, a área inaugurada polo rito
(segundo Carandini)
Na 2ª metade s. VIII tería lugar a fundación propiamente dita segundo o rito etrusco co trazado do sulcus primigenius ou fosa de fundación, a carón do cal se erguería a ara destinada ao primeiro rito de bendición de Xúpiter. Logo de delimitar o pomerium trazouse o percorrido da muralla.
No sector S do Palatino, coñecido como Cermalus, alí onde se localizou a casa do xefe do hábitat protourbano, erguíase tamén, segundo a lenda, a casa do fundador, a domus Romuli ou “Casa de Rómulo”, de maneira que parecían coincidir arqueoloxía e tradición literaria.
Pero esta teoría foi criticada por Cornell e outros autores, como J. Martínez Pinna, que non entenden que se poida falar de fundación nunha área que levaba sendo habitada dende había máis de un século.


Evidencias arqueolóxicas da Roma prehistórica
Os primeiros indicios de poboamento remontan ao Bronce Medio no Capitolio, con continuidade no Bronce Recente. Neste momento xorde tamén un novo asentamento no pé de monte da Velia (no borde do futuro foro, no lugar do Arco de Augusto)
Tumba no foro romano (entre Bronce/Ferro). Reconstrución (máis fotos aquí)
Fase I (1000-900 a.e.) Idade do Bronce Final
Localización do sepolcreto na zona do foro
Estamos na etapa contemporánea do protovillanoviano da rexión etrusca.
Os primeiros restos funerarios romanos aparecen no lugar do futuro foro, precisamente preto do Arco de Augusto, e máis no lugar do Sepolcreto (“pequeno cemiterio”).
En todo o Lacio, practicamente só se coñece o mundo funerario, con predominio absoluto da cremación e enterramentos en pozo: restos depositados en olas de perfil ovoide ou en forma de cabana, introducidos nunha vasilla cerámica. Os enxovais consisten fundamentalmente en ídolos de terracota, vasos, xoias e armas miniaturizadas.
En Roma, no Bronce Final, hai enterramentos no foro romano, consistentes en pozos con rito de cremación. As urnas cinerarias son simples olas de impasto ou en forma de cabana; estas introducíanse nun dolium co resto do enxoval, e cubríase cunha lousa ou capa de pedras.
O enxoval era de vasos cerámicos (algúns con restos de alimentos), con exemplares en miniatura. O metal é escaso, aparecendo algunhas fíbulas.


Pozo funerario
Dolium con urna e enxoval
Urna en forma de cabana
Giacomo Boni, escavador do foro

Fase II-III (900-830/830-720 a.e.) Idade do Ferro
Fase IIa (900-830)- s.IX
Mundo funerairo. A este período corresponden a maior parte dos enterramentos do sepolcreto, continuando os enterramentos no foro, agora máis abundantes. Aparecen os primeiros restos funerarios no Esquilino.
Nestes cemiterios conviven a incineración en pozo e a inhumación en fosa.

Enterramentos en pozo e fosa no foro romano e máis no Capitolio.
Tumba en pozo de incineración con enxoval
Enxoval de cerámica, fíbulas, instrumentos metálicos
Tumba de inhumación en fosa

As cerámicas son semellantes ás da época anterior, pero con maior riqueza decorativa (meandros, esvásticas, metopas, dentes de lobo...) Tamén hai maior cantidade de bronces.

No Capitolio: cerámicas a carón de restos de reboco e armazón de canas, posibles indicios dun espazo habitacional.

Fase IIb – III (830-720 a.e.)- s. VIII a.e.  
En xeral, no mundo lacial, prodúcense importantes transformacións socio-económicas e un desenvolvemento demográfico que deriva no xurdimento do proto-urbanismo.
Aumentan as armas nos enxovais masculinos e os elementos domésticos e adornos nos femininos. As diferenzas de riqueza maniféstanse tamén na presenza de cerámicas importadas e, en xeral, de elementos de prestixio (xurdimento da aristocracia).
Este proceso está en relación coa creación no s. VIII de numerosas colonias gregas (Pitecusa, na illa de Ischia, Cumas na Campania, Siracusa en Sicilia), quen achegaron adiantos tecnolóxicos importantes, como o torno de oleiro, e bens de prestixio a cambio das riquezas minerais do país. A permanencia dese foco de influencia oriental no mundo itálico será o que dea lugar ao posterior período orientalizante (s. VII a.e, fundamentalmente)
En Roma, concretamente:
Reconstrución grupo de cabanas no Palatino (maqueta), s.VIII
Mundo funerario: irase abandonando o foro como zona necropolitana (excepto algunhas tumbas infantís), que se trasladará ao Esquilino. Aquí perdudarán durante tempo as tumbas en fosa e en cistas rectangulares revestidas con bloques de tufo. Trátase de enterramentos de inhumación con enxovais de cerámicas e fíbulas (fusaiolas e colares nas femininas; armas de bronce ou ferro nas masculinas. Máis tardiamente aparecen algúns enterramentos no Quirinal, en sartegos de terracota imitación de tronco de árbore.
Hábitat: aparece no Palatino o fondo de cabana máis antigo, de forma oval, coñecido como “casa do xefe” (mencionada supra): 12x8x6 m, con paredes de entramado de postes e ramallos revestidas na cara exterior de arxila mesturada con palla (reboco despois decorado con pinturas). Progresivamente van aparecendo máis fondos de cabana neste mesmo monte.
Só máis tarde xurden grupos de novas cabanas no val do Foro, a Velia e Foro Boario (o foro do gando, ao pé do Capitolio; ver plano adxunto).
A finais do s. VIII detéctase un sistema defensivo en torno ao Palatino, con vestixios do que parece a Porta Mugonia: porta flanqueada por dous bastións. Un depósito de fundación dátaa entre 730-725 a.e.
Reconstrución hipotética da Porta Mugonia no s. VIII a.e.

Fase IV (720-580 a.e.) s. VII a.e. Período Orientalizante 
Poboamento: na segunda metade do s. VII introdución de novas técnicas construtivas en duro, comezando por edificios relixiosos (pedras, adobe, tellas e decoración dos tellados con terracotas) Primeiro urbanismo: reordenación do espazo interior dos núcleos habitados: separación funcional de áreas públicas e privadas mediante trama viaria.
Expansión das áreas ocupadas á zona do Comitium (foro) mentres o Esquilino segue como área necropolitana.

A finais do s. VII paviméntase o foro, converténdose en centro político, social e relixioso. Isto foi posible tras drenar este espazo.
A delimitación dos espazos públicos inicia a vida urbana en Roma. Con todo, a inauguración do foro como verdadeiro centro cívico de Roma coincide cunha nova pavimentación (ao final desta etapa, en torno a 580 a.e.)
Mundo funerario.
Continúan os enterramentos no Esquilino. Tumbas de adultos: inhumación en fosa ou en sartegos de tronco baleirado. Enxovais con cerámicas protocorintias e imitacións etruscas e laciais, e máis vasos de bucchero etruscos.
Finais do orientalizante A finais do s. VII maniféstase un evidente descenso da riqueza. A partir do 600 a.e. desaparece calquera signo de prestixio e enxovais en xeral. Causas: posible promulgación de leis suntuarias (como en Grecia) e tamén derivación do gasto cara a obras públicas e entrega a santuarios (segundo Ampolo e Colonna).

Roma Arcaica (580-510) 
Ruptura do modelo protourbano que consistía en pequenas concentracións de cabanas, especialmente no Palatino. Este verase relegado en favor do Capitolio e do val do Foro como centros da vida pública.
Cronoloxía (hipotética) dos reis:
Rómulo 753-716
Numa Pompilio 715-673
Tulo Hostilio 672-641
Anco Marcio 640-616

616-579 Tarquinio Prisco
578-535 Servio Tulio 
534-510 Tarquinio Soberbio 

O pavimento do Foro e a Cloaca Máxima 
Trazado da Cloaca Máxima, polo medio do foro; Comitium, etc.
Traballos arqueolóxicos recentes levan ata o s. VII –ca.635 a.e.- a pavimentación do foro (capa compacta de pedras, grava e pedregullo), o que nos sitúa en período orientalizante (durante o reinado dos reis latino-sabinos)
A tradición atribúe aos dous Tarquinios a construción da Cloaca Máxima, pero a arqueoloxía remonta esta obra á época de Tarquinio Prisco (616-579) A construción consistía na canalización das augas do Velabro, á que vertían diferentes canalizacións secundarias e finalmente desembocaba no Tíber.

Proceso de urbanización
A Arqueoloxía parece confirmar a fama de grande urbanizador que tivera T. Prisco. A el débese a separación entre unha zona comercial (tabernae veteres) e a zona residencial, xunto á Vía Sacra.

Trazado da Vía Sacra
Edificios públicos
Curia primitiva con trazado en verde
Descubriuse en parte o Comitium, o lugar de reunión de asemblea cidadá. O edificio primitivo constaba dunha plataforma, seguramente para salvar as inundacións do Tíber. Era contemporáneo da pavimentación do foro (último cuarto s. VII a.e.) e máis da Regia.
(http://books.openedition.org/efr/1625)



A Regia (casa do Rex e centro relixioso), presenta unha secuencia construtiva entre o s. VII-IV a.e, con ata 4 refaccións.

Reconstrucións da Regia

A muralla serviana (atribuída ao rei Servio Tulio) Durante tempo defendeuse que uns restos de muralla feitos en opus quadratum podían remontar ao s. VI, cousa que rematou confirmándose ao comprobarse que noutros lugares do Lacio había murallas contemporáneas feitas co mesmo aparello. O que si aparece ben documentado e datado é un agger (foxo e terraplén) no flanco máis desgornecido de Roma, na meseta ás costas do Esquilino, Viminal e Quirinal.


Templo de Xúpiter Capitolino
A tradición atribúelle o inicio a T. Prisco e o remate a T. Soberbio. Dionisio de Halicarnaso descríbeo con planta case cadrada, sobre alto podio e escalinata frontal, provisto dun pórtico con 3 fieiras de 6 columnas. A triple cella do fondo estaba dedicada á tríade capitolina (Xúpiter, Xuno e Minerva). Deste edificio só se conservan restos do basamento.


Planta e alzado do templo de Xúpiter no Capitolio
Lapis Niger 
Na área do Comitium, as remodelacións do foro sinalaron un vello espazo sagrado mediante un recadro de mármore negro. As modernas escavacións exhumaron un recinto relixioso cunha ara de finais do s. IV, unha base dunha columna do s. III e máis un cipo fragmentado epigráfico, cuxo texto remite a unha lei sagrada anterior a 550 a.e. Aquí localizáronse depósitos votivos datable entre o s. VI e época cesariana (cando se fixo a remodelación).


No cipo epigráfico testemúñase unha forma arcaica do termo rex, un dos testemuños da institución monárquica no tempo da súa erección. Neste lugar a tradición situaba a tumba de Rómulo, a de Fáustulo (o pastor que descubríu ao xemelgos) e a de Tulo Hostilio. Pero Coarelli sitúa alí un templo aberto a Vulcano, tamén erixido por Rómulo segundo a tradición.
Foro Boario, ao pé do Capitolio, fronte á illa tiberina.


Foro Boario (Igrexa de San Omobono) Neste lugar foi onde descansou Hércules tras vadear o río cos bois de Xerión, segundo a tradición. É o Forum Boarium “mercado dos bois” ou “do gando”, o máis antigo de Roma.

Templo de Mater Matuta (s. VI) No Foro Boario a tradición situaba tamén os templos de Fortuna e Mater Matuta, que a tradición atribúe a Servio Tulio (que a arqueoloxía confirma en parte*), aínda que o lugar xa fora recinto sagrado dende a segunda metade do s. VII. Os restos da etapa máis monumental con acróteras e lastras de terracota, revelan unha forte influencia iconográfica e estilística greco-oriental. Tras a destrución violenta do templo (neste momento consagrado a Mater Matuta) é reemprazado a comezos da República polos templos xemelgos antes mencionados.

Reconstrución frontón templo primitivo de Mater Matuta (s. VI a.e.)


(*Localizouse aquí unha placa de marfil con forma de león, datada na primeira metade do s. VI a.e., interpretada como tessera hospitalis, que presenta unha inscrición en etrusco: ARAZ SILQETENAS SPURIANAS: Araz ′′ (prenome) ′′ Silqetenas ′′ (xentilicio relacionado coa cidade cartaxinesa de Sulci (Sardeña): sulcitano); ′′ Spurianas ′′: posible nome do hóspede de Araz, quen podería ser un comerciante acollido por Spuriana (?) no tempo dos tarquinios. Museos Capitolinos)


lunes, 26 de octubre de 2015

Reconstrucións virtuais: Arquitectura Romana

Enxeñería Romana. Construción da cúpula do Panteón de Agripa








Villa romana de Publius Fannius Synistor en Boscoreale



Esta villa é unha de tantas rescatadas das cinzas do Vesubio que sepultaron a badía de Nápoles tras a erupción no ano 79 d.C. Tras escavarse en 1900, os frescos que decoraban a maioría das súas estancias foron extraídos das paredes e repartidos entre museos e coleccionistas, de maneira que a súa restitución hoxe en día so é posible mediante unha reconstrución en 3D.

Hipocaustum


"Calefacción de solo radiante" inventada por Gaius Sergius Aurata, enxeñeiro romano do século I a.C.


Acueducto romano de Gades

Excelente vídeo didáctico



Roma en 320 d.C.
(entra aquí para ver fotos e comentarios)



Ostia Antica. O porto de Roma




Villa Regina, Boscoreale. Italia, s.I a.C.-I d.C.



Curia Xulia. Roma, s. I a.C.



Foros Romanos



Domus Aurea. O palacio de Nerón. Roma, s. I d.C.


Villa Adriana. O palacio de Adriano. Tívoli, s II d.C. 



Enxeñería romana (Documental)


miércoles, 14 de mayo de 2014

Glosario República Romana

Institucións republicanas

A mediados do século IV censura, ditadura, e pretura urbana (función xudicial arrebatada ao consulado) ábrense á plebe. O consulado faino en 376 a.e. Créanse dous ediles curules (paralelos aos plebeos) para os patricios, que tamén estarán ao alcance dos plebeos. O desempeño das maxistraturas abre as portas do senado: patres conscripti (inscritos). Membros do Senado: patres (patricios) et conscripti (plebeos).

Poderes do Estado (detidos polos maxistrados)

Potestas: tomar augurios dentro da cidade, realizar edictos, impoñer multas, convocar ao pobo e ao Senado para propoñer a votación de decisións.

Imperium: todos os poderes da potestas, ademais de tomar auspicios fóra da cidade, dirixir o exército, poderes xudiciais, convocar os comicios centuriados.

          Maxistrados maiores, cum imperium:

Cónsul, Máxima maxistratura romana, colexiada. Cargo electo e anual, escollidos polos comicios centuriados. Poderes militares e civís: dirección do exército e nomeamento dos tribunos militares; convocar o senado e asembleas populares, presidir estas, facer proxectos de lei, promulgar edictos, dan o seu nome ao ano, nomean sacerdotes, fixan as festas, encargados da seguridade pública. Rematado o cargo, podían actuar como procónsules nas provincias.

Pretor, alta maxistratura durante o s. V. A mediados de século, por decisión do senado alternan cos magistri militum consulari potestate (de 3 a 6 a o longo do século), que son cargos militares, patricios ou plebeos. Durante o resto da República, é un cargo colexiado elixido polos comicios centuriados (pasaron de 2 a 8 membros a partir do s. I a.e.). Funcións: substituír aos cónsules cando estaban fóra de Roma e competencias xudiciais (convocan ás partes e nomean aos xuíces e presiden comisións xudiciais). Ao principio facíanse cargo do goberno das provincias, que pasan con Sila a cargo dos propretores (expretores)

Dictator (mediados s. V). Maxistratura única (magister populi) con axudante (magister equitum), extraordinaria, en caso de extremo perigo, só dura 6 meses. Suspendíanse todas as maxistraturas, agás o tribunado da plebe. Só se nomearon 3 ditadores ao longo da República, exceptuando a ditadura constituínte de Sila e a perpetua de César.

Outros maxistrados maiores:

Censor, mediados s. V: elaborar o censo de cidadáns e clasificación timocrática (valoración do patrimonio). Ao principio eran só patricios, incluíndo aos plebeos a partir do s.IV. Eran 2, elixidos polos comicios centuriados. Máis tarde elaboraban a lista dos senadores e vixiaban os costumes. Escollidos cada 5 anos (período de cada censo), o cargo duraba 18 meses. Eran maxistrados superiores, pero sen imperium. Elaboraban a lectio senatus ou lista de senadores, emitían a nota censoria ou degradación censitaria por incumprir obrigas militares, o abuso do imperium, corrupción dos xuíces, falso testemuño, abuso do dereito de veto, roubo. A acepción moderna do censor deriva desta función de "garda da moral".

          Maxistrados menores:

Edil: os ediles plebeos nacen en 493, para custodiar os bens do templo dedicado á tríade plebea, Ceres, Liber e Libera, no Aventino; gozan tamén de inmunidade. Co tempo incorporáronse 2 membros curules. Cargo anual, elixidos polos comicios tribais. Vixiaban a cidade (policía municipal) e o culto, os costumes, a sanidade, rúas e edificios públicos, e da annona (administración do subministro de cereal). Organizaban e costeaban os xogos públicos.

Cuestor: en 421 acceden plebeos con 2 membros (4 en total). De orixe monárquica: investigadores de asuntos criminais. Cambia de número de membros ao longo do tempo: 4 a comezos da República. Elixidos nos comicios tribais. Eran tesoureiros do Estado e nalgúns casos eran membros de colexios xudiciais. Os cuestores urbanos asistían aos cónsules, encargados dos arquivos e erario público. En provincias asistían a procónsules e propretores, administraban o tesouro provincial e pagaban os estipendios e vendían o botín.

Tribuno da plebe: Xorde no s. V, con 10 membros. Cargo anual e inviolable. Reunían á plebe, presidían a elección de novos tribunos e ediles, posuían dereito de veto e decretaban castigos. Podían publicar normas, presidir a elección de calquera maxistrado e propoñer plebiscitos (consulta á plebe).

Decemviros: comisión de 10 membros proposta polos plebeos para poñer por escrito as leis e así rematar coa arbitrariedade dos maxistrados. Creouse en 451, incluíndo aos cónsules dese ano. Suspendeuse o exercicio do resto das maxistraturas. Debía durar un ano, pero prorrogouse outro máis. De aí sae a primeira codificación das leis romanas: as XII Táboas. Durante este período, a plebe volveu retirarse ao Aventino (todos), obrigando aos decemviri a dimitir, acusados de corrupción e querer perpetuarse no cargo.

Asembleas:

Senado: 300 membros, primeiro escollidos polos cónsules, logo polos censores (lectio senatus). Era convocado por algún dos maxistrados maiores. O resultado do voto das propostas dos maxistrados publicábanse baixo a forma de senatus-consultum, que podían ser tanto leis como instrucións para os maxistrados.

Logo da creación da nobilitas patricio-plebea, os novos senadores recrutábanse entre os ex maxistrados, e debían formar parte da clase dos equites (cabaleiros, clase cunha renda elevada). Era un cargo vitalicio, salvo nota censoria. Estaba dividido entre os Patres, patricios, e os conscripti, de orixe plebea.

Atribucións do senado: confirmar decisións das asembleas populares, declarar condicións para nomeamento do ditador, organizar o recrutamento de soldados e decidir a súa disolución; preparaba as declaracións de guerra, os tratados de paz e ratificaba os asinados polos xenerais; dirixía as misións diplomáticas; controlaba as finanzas, establecía os tributos; competencias xurídicas: nomeaba comisións xudiciais para xulgar gobernadores provinciais. Converteuse no tribunal por excelencia para asuntos criminais.

Comitia Curiata, Comicios Curiais: herdados dos tempos monárquicos, conservaron un significado meramente ritual en tempos republicanos. No século III só se reunían para aprobar adopcións (adrogatio) e votar a lei de investidura dos maxistrados, desaparecendo practicamente no s. II a.e.

Comitia Centuriata, Comicios Centuriados: nacidos da reforma de Servio Tulio, segundo a tradición (aínda que claramente anacrónicos naquel tempo). Eran convocados polos maxistrados con imperio, os ediles curules e os censores para facer o censo:

          - escollían aos maxistrados superiores:

          - declaraban a guerra, a paz e concertaban alianzas.

          - concedían a cidadanía

          - decidían a fundación de colonias

          - era tribunal de apelación para casos de desterro ou morte

          - poder lexislativo: votaban as leis propostas polos maxistrados.

Se dividió a la población en clases y centurias. Las clases eran cinco, integradas por propietarios cuyas yugadas (dos mil quinientos metros cuadrados) de tierra ascendían a veinte en la primera clase, quince en la segunda, diez en la tercera, cinco en la cuarta y dos en la quinta. La población así repartida se agrupaba en centurias militares hasta un total de ciento noventa y tres: dieciocho de caballería, integradas por los propietarios más adinerados, ochenta de infantes de la primera clase, veinte de la segunda, veinte de la tercera, veinte de la cuarta y treinta de la quinta. Existían, además, cinco centurias de auxiliares, que no combatían, integradas por los ciudadanos con menos recursos

Creó una nueva asamblea ciudadana, los comicios por centuria o Comitia centuriata, en los que únicamente tomaban partido los ciudadanos que contribuían a la constitución del ejército (infra classem y proletarios estaban excluidos) y en la que a efectos de votación cada centuria equivalía a un voto. (M.A. NOVILLO. Breve historia de Roma, p. 44)

En 312 prodúcese unha reorganización das clases, de maneira que poden acceder ás primeiras clases os que teñan rendas suficientes. A finais do s. III un novo cambio implica a elevación de centurias de 193 a 375, co que os 98 votos das dúas clases superiores (80 de pedites e 18 de equites) xa non son suficientes para gañar as votacións, co que as clases inferiores adquiren maior presenza nos comicios. Grande influencia da plebe urbana, polas dificultades de asistencia dos habitantes do medio rural.


Concilium Plebis: asemblea plebea fundada tras a Secessio Plebis, onde se elixían os Tribunos da Plebe e os Edís plebeos. Decidía por plebiscitos «consultas á plebe», decisións que nos comezos da República só afectaba a esta clase. Non está claro a partir de que momento deixaron de funcionar ata confundirse cos Comitia Tributa (seguramente a partir da Lei Hortensia -287 a.e.-, cando os plebiscitos adquiriron rango de lei).

Comitia Tributa, comicios tribais: organizados en función do reparto da cidadanía en tribos (distritos territoriais), urbanos e rústicos. En 241 a.e. había 31 rústicas e 4 urbanas. As tribos eran as unidades de votación, e dentro de cada unha votaban todos os seus membros. Suponse que herdaron o papel e competencias dos Concilia Plebis integrando tamén aos patricios, de aí que os plebiscitos puidesen xa ser vinculantes, para se converter no principal órgano lexislativo ao decidir sobre as leis constitucionais, logo ratificadas polo Senado. Representaban, en definitiva, ao populus, é dicir, o pobo romano enteiro. Ademais dos edís e tribunos da plebe, pasaron a elixir aos demais maxistrados menores (cuestores, ediles curules e tribunos militares). Tamén tiñan competencias xudiciais, ao xulgar delictos non capitais.

Os progresos xurídicos da plebe:

Lei das XII Táboas: compilación de normas de dereito consuetudinario romano datada a mediados do s. V a.e, con pervivencia de formas de dereito antigo, como a lei do talión, a herdanza da gens, a prohibición dos matrimonios mixtos patricio-plebeos ou o enorme poder do paterfamilias, máis outras novas (algunhas de influencia da Magna Grecia), como o sistema de indemnizacións e multas ou a regulación da herdanza. Salienta a lexislación sobre as débedas, segundo a cal os debedores poden perder a liberdade ou seren executados. A principal consecuencia sobre a plebe era que, ao ser publicada, todo o mundo tiña acceso ao seu coñecemento, non como anteriormente, que se restrinxía ao patriciado.

Leis Licinio-Sextias: Presentada en 376 a.e. aos comicios por dous tribunos da plebe, Caio Licinio e Lucio Sextio. Permitía que os plebeos accedesen ás altas maxistraturas (consulado, censura, ditadura, pretura urbana e senado), especialmente ao consulado, de xeito que cada un deles pertencese ao patriciado e á plebe, con poder de veto sobre o colega. Limitaba a 500 xugadas a cantidade de ager publicus que podía ocupar un individuo. Buscaba solución ao problema das débedas: obrigaba a descontar da débeda os intereses xa pagados; o resto da débeda pagararíase en cotas durante os tres anos seguintes.

Estas habían ser as leis principais que permitirían a "emancipación" da plebe de todas as pexas que lles impedían progresar na carreira dos honores, é dicir, da promoción política. Só daquela se fixo posible o xurdimento dunha nova clase gobernante mixta, por iso chamada nobilitas patricio-plebea. 

Lei Ogulnia: en 300, abre aos plebeos os cargos relixiosos: colexios de Pontífices (4 plebeos sumados aos 4 patricios existentes) e augures (5 plebeos ademais dos 4 patricios). Exceptúanse os flámines (sacerdotes da tríade capitolina), o rex sacrorum (elixido no patriciado, herdeiro dos deberes rituais do Rex da era monárquica) e o interrex (maxistrado que celebraba os comicios en ausencia do cónsul). 

Lei Hortensia: en 287, é a lei que establece que os plebiscitos fosen vinculantes para toda a cidadanía, facéndose equivalentes en rango ás emanadas dos comicios centuriados [o cal baleira de sentido os Concilia Plebis, que non está claro cando desaparecen; seguramente a raíz desta lei] .

Para saber máis: G. Hacquard. Guía de la Roma Antigua