martes, 12 de marzo de 2013

Temas 3-4. A pintura mural cretense e micénica


Esquema das características principais das pinturas minoicas a partir do temas 2 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned.

Índice

  • A pintura mural cretense(2000-1350 a.C.)
    • Segundos palacios
    • Período monopalacial
    • Primeiros palacios
  • A pintura mural micénica (1400-1200 a.C.)
Recolledores de azafrán, Illa de Thera
CRETA

Primeiros palacios


  • Pintura ao fresco e, tamén en Knossos, pintura sobre cal seca.
  • Cores: amarelo, gris, branco e azul.
  • Deseños xeométricos sobre fondos claros.
  • Posteriormente (MM III A), deseños sobre fondo escuro e máis cores: laranxa e verde.
  • Introdúcense os deseños florais
  • A etapa final dos primeiros palacios: temas naturalistas e primeira figuración coñecida.

Segundos palacios


  • Knossos, illas de Melos e Thera (MR)...
  • Xeneralízase a figuración.
  • Pinturas en paredes, cubertas ou pavimentos.
  • Relevos en xeso, pintados.
  • Mesmas cores que na etapa anterior (vermello, branco, negro, marelo, azul, verde, laranxa).


  • Composición
  • Estruturada en 3 bandas horizontais.
  • Desenvolvemento figurativo na central.
  • Bandas superior e inferior lisas ou decoradas con series de motivos. O rodapé soía imitar o veteado de pedra ou madeira.
  • Bandas verticais aproveitando cortes nos muros (vanos: portas e ventás)
  • Tamaño: dende as miniaturas ao tamaño natural. Temática: medio natural (plantas e animais), ás veces formando parte dunha escena humana.

  • Príncipe dos lirios
    Sala dos golfiños

    Salas de Knossos:

  • Algunhas figuracións con posible sentido ritual e simbólico: “Príncipe dos lirios” (rei-sacerdote?)
  • Os temas mariños restrinxíanse á decoración dos pisos. O fresco dos golfiños pénsase que pertencía ao piso dunha sala superior.

  • Akrotiri, Illa de Thera

    Sala oeste de Akrotiri: fresco nunha estreita banda entre o teito e as ventás.
    Representa unha cidade e o seu contorno. Estilo miniaturista.

    Período Monopalacial (Knossos e Hagia Triada)


    "A parisina", Knossos.
    Salto do touro, Knossos
    "As señoritas de Avignon", Knossos (obsérvense os fragmentos conservados e o imaxinativo da reconstrución)
    MICENAS
    • Son frescos propiamente ditos. Pero presentan retoques pintados despois de secado o enlucido.
    • O parentesco coa técnica minoica fai pensar en artesáns desta orixe.
    • Pintura nos palacios e nas  grandes casas: en muros,  pavimentos, teitos, piares  e columnas.
    • A selección de temas e súa composición subordinados simbolicamente á funcionalidade das salas palaciais (leóns e grifos con alas que adoitan flanquear tronos reais. Valor simbólico) 


    Por riba da liña vermella, véxase a reconstrución 
    da pintura en tempos de Evans. So se conserva a parte inferior.
    Procesión de oferentes, Knossos
    Sala do trono do palacio de Pilos
    Características
    "A micénica"



  • Cores de orixe mineral: marelos, vermellos, brancos, verdes, azuis.
  • Cor vermella para homes, branco para mulleres. Amarelo para os leóns, branco para as esfinxes, azul para os monos. Estilo moi conservador. Difícil establecer periodizacións. Escenas procesionais: Figuras en desfile portando algún obxecto. En zonas de escaleiras (igual que en Knossos e Thera)  Escenas de batalla e sacrificios: adoitan ser frisos de figuras pequenas (entre 20 e 50 cm.)
    Muller micénica (detalle)

    Mulleres en carro, Tirinto

    Batalla, Micenas
    Temática
  • Escenas procesionais: figuras en desfile portando algún obxecto. En zonas de escaleiras (como en Knossos e Thera) 
  • Escenas de batalla e sacrificios: adoitan ser frisos de figuras pequenas (entre 20 e 50 cm.)
  • Representación de animais:  
  • En escenas de caza ou tamén o salto do touro.
  • Leóns e grifos  

  • Home con can de caza

    Salto do touro, Tirinto

    Cacería de xabaril, Tirinto

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Comentarios