Atopan en Armenia a tumba dunha guerreira da Idade do Ferro
Tanto a complexión física como as numerosas lesións por arma que presentan os restos daquela muller, fan sospeitar aos expertos que se trataba dunha guerreira, moi nova, entre 20-30 anos, hábil no uso do arco e amazona experta. O seu contexto histórico corresponde ao Reino de Urartu durante a Idade do Ferro (ss VIII-VI a.C.). A coincidencia entre a localización de Urartu e o reino mítico das Amazonas (veciñas dos Escitas), fai pensar que este mito helénico se inspirara na realidade daquel afastado país caucásico.
El Cerro del Villar, na desembocadura do Guadalhorce, orixe fenicia da cidade de Málaga
![]() |
![]() |
Continúan as escavacións no Cerro del Villar, onde o abandono xa en época antiga do asentamento por causa da inundación mariña, provocou unha boa conservación dos restos fenicios. Os máis antigos remontan a finais do s.IX a.C. O abandono trasladou a poboación a Malaca, lugar da Málaga actual. Conta MªEugenia Aubet, grande experta en colonizacións fenicias na Península, que os restos da cidade se conservan en perfecto estado, que se conservan o trazado das rúas, as casas, así como tumbas moi ricas, que apuntan á presenza de elementos fenicios de alto rango, o que fai reconsiderar os verdadeiros motivos da colonización fenicia.
![]() |
Reconstrución virtual da rúa principal co mercado |
![]() |
Reconstrución interior dun obradoiro oleiro |
Francisco Griñán, Los secretos enterrados del Cerro del Villar, Domingo, 25 junio 2017
O libro etrusco do século III a.C. que apareceu en Exipto, usado para vendar unha momia
Coñécese como Liber Linteus Zagrabiensis (libro de liño de Zagreb) ou tamén como Liber Agramensis. Parece que en vez de rolo, xa tiña a forma dun códice en orixe. Contén o único texto etrusco non epigráfico coñecido, que se distribúe en 230 liñas cun total dunhas 13 mil palabras, das que só unhas 1200 son hoxe lexibles. Atopouse en Exipto, estampado sobre un lenzo de liño aproveitado para vendar unha momia contemporánea.
Só se recoñecen, entre outros pequenos detalles, os nomes dalgúns deuses, o que permitiu adscribir o texto á área toscana (mundo etrusco). Pero, precisamente porque esa lingua aínda é descoñecida, o texto non pode descifrarse completamente. Tamén se poden comprender referencias cronolóxicas, a datas concretas, o cal fixo interpretalo como un calendario relixioso litúrxico (quizais a Etrusca disciplina mencionada polas fontes romanas), ou tamén como un rexistro de observacións astronómicas. Estas terían sido apuntadas por parte dun sacerdote etrusco establecido na cidade de Alexandría, a onde tería chegado quizais no contexto da Segunda Guerra Púnica (que comenzou en 218 a.C.). Pero ningunha destas hipóteses poderá confirmarse ata que non se descifre máis texto.
Guillermo Carvajal (s/d), La brújula verde
Escavan en Atenas unha foxa común con 80 axustizados datada no s. VII a.C.
Os arqueólogos sospeitan que estes axustizados puideran ter estado implicados no episodio de Cilón, o arconte que, axudado polo seu sogro, o tirano de Mégara, perpetrou un golpe de estado coa intención de instalar tamén a tiranía en Atenas. O asasinato do propio Cilón, sentado ao amparo da imaxe de Atenea Políade no Erecteion da acrópole, en clara actitude suplicante, constituía un sacrilexio, de maneira que o considerado responsable, o arconte epónimo Megacles, foi desterrado con todo o seu genos, os Alcmeónidas. Foi Solón quen reconciliou á cidade cos descendentes de Megacles, permitíndolles o seu retorno a Atenas. A este genos de eupátridas pertenceron os máis eminentes políticos da democracia ateniense: enceron Clístenes, Pericles, Alcibíades...Paleorama en Red: 14 de abril de 2016
Palacio Micénico en Esparta
Atopan a uns 12 km de Esparta un palacio micénico (no lugar de Aghios Vassilios). Nel apareceron tamén, entre outros restos, numerosas taboíñas en Lineal B.Red Historia. 19 setembro 2013
Paleorama en Red. 28 agosto 2015.
Atopan a tumba dun rico guerreiro micénico no palacio de Néstor en Pilos.
Bibliografía Homérica
Reflexións sobre a actualidade da obra homérica e referencias bibliográficas a estudos recentes sobre a materia en español: La ‘Ilíada’, la guerra de todos nosotros
Guillermo Altares . Babelia, El País. 14 AGO 2015 - 17:26
Mosaico atopado no sur de Turquía representa un esqueleto co lema "Se alegre, goza da vida"
"Un mosaico de 2.400 años de antigüedad, descubierto durante unas excavaciones en la provincia de Hatay, en el sur de Turquía, muestra a un esqueleto recostado con una taza en la mano izquierda y una jarra de vino y una barra de pan en un lado, lo cual constituye una representación única en su clase en Turquía, según advierten los arqueólogos.
De acuerdo con la arqueóloga Demet Kara, del Museo de Arqueología de Hatay, el mosaico forma parte de la antigua ciudad griega-romana de Antioquía y tiene una inscripción en griego antiguo que dice: "Sé alegre, disfruta de la vida".
El sorprendente mosaico, al igual que otros muchos, está meticulosamente compuesto de pequeñas piezas pétreas, con un llamativo fondo negro que hace que la imagen del esqueleto se vea resaltada y llame la atención antes de que los espectadores lean el texto griego. El resultado, puede decirse, que es similar a un cartel de motivación moderno. "
![]() |
![]() |
Guillermo Caso de los Cobos: "Hallan en el sur de Turquía un mosaico que representa a un esqueleto con el lema "Sé alegre, disfruta la vida", en Terrae Antiquae, 22 Abr 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios