![]() |
| Xeografía do Lacio cos Montes Albanos como centro relixioso |
2. Formación e desenvolvemento da Cultura Lacial. Periodización e trazos de caracterización arqueolóxica (Roma aparte)
Periodización
A protohistoria lacial distribúese en 4 períodos entre 1000-580 a.C. segundo periodización de H.Müller-Karpe e datacións absolutas de G. Colonna.
ETRURIA
|
LACIO
|
ss. XII-IX: Protovillanoviano: Bronce
Final
|
Fase I
1000-900 a.C. Bronce Final
|
ss. IX-VIII: Villanoviano- Idade
do Ferro
|
Fase II-III
900-830/830-720 a.C. Idade do Ferro
|
ss. VIII-VI: Orientalizante
(720-580)
|
Fase IV
730-580 a.C. Orientalizante
|
ss. VI-V: Arcaico (580-480)
|
Roma Arcaica (580-510)
|
![]() |
| Sitios arqueolóxicos do Lacio |
Fase I (1000-900). Idade do Bronce Final

Urna ovoide con enxoval

Etapa contemporánea do protovillanoviano da rexión etrusca.
Practicamente só se coñece o mundo funerario, con predominio absoluto da cremación e enterramentos en pozo: restos depositados en olas de perfil ovoide ou en forma de cabana, introducidos nunha vasilla cerámica.
Enxovais: ídolos de terracota, vasos, xoias e armas miniaturizadas.
Outros elementos de bronce e ámbar apuntan a relacións exteriores, con Etruria.
| Urna en forma de cabana |
Comezos da Iª Idade do Ferro. Fase IIa (900-830 a.C.)
Ao final desta fase imponse a inhumación, desaparecen as miniaturas e as urnas de cabana.
Ilustra estes cambios a necrópole de Osteria dell'Ossa (Gabii).
Poboamento
Importante transformación socio-económica e desenvolvemento demográfico, que deriva no xurdimento do proto-urbanismo.
Persisten as cabanas, pero agora xorden plantas rectangulares con pórtico (6x5 m. en Fidenae) e canles de drenaxe.
Tamén nesta fase III aparecen as primeiras fortificacións, con foxo e terraplén (agger)
Asentamentos:
apenas se conservan restos (materiais perecedoiros). Agrupación de cabanas, non
en lugares fortes, senón en paraxes abertas ou nas abas dos outeiros, próximas
ás terras de cultivo.
Trátase
dunha fase de transición: conservación da incineración e certos tipos
cerámicos, pero introdúcese a inhumación, que haberá de xeneralizarse no sucesivo. Ao final desta fase imponse a inhumación, desaparecen as miniaturas e as urnas de cabana.
Ilustra estes cambios a necrópole de Osteria dell'Ossa (Gabii).
|
|
| Aspecto dunha tumba de inhumación de Osteria dell' Ossa |
- Ao NO da necrópole sitúase a zona máis antiga. Presenta dúas agrupacións ao N e ao S interpretadas como de grupos familiares. En ambos os casos, un núcleo de tumbas de incineración rodéanse dun número superior de inhumacións.
- Xerarquía social en razón do xénero e a idade:
- As cremacións son de individuos masculinos (posiblemente dos paterfamilias).
- Restos depositados nun dolium con urna cineraria e enxoval (foto 2): vasos miniaturizados e fíbulas de arco serpentiforme e pé de disco.
![]() |
| Fíbula de disco |
- As inhumacións corresponden, en orde de proximidade ao centro: homes novos, mulleres adultas (acompañadas de útiles téxtiles) e mulleres novas (con enxovais de obxectos de bronce e adornos en ámbar e pasta vítrea)
| Fase IIb – III (830-720 a.C.) Idade do Ferro |
![]() |
| Planta de cabana de Fidenae |
Importante transformación socio-económica e desenvolvemento demográfico, que deriva no xurdimento do proto-urbanismo.
Persisten as cabanas, pero agora xorden plantas rectangulares con pórtico (6x5 m. en Fidenae) e canles de drenaxe.
Tamén nesta fase III aparecen as primeiras fortificacións, con foxo e terraplén (agger)
Mundo funerario: aumentan as armas nos enxovais masculinos e os elementos domésticos e adornos nos femininos. As diferenzas de riqueza maniféstanse tamén na presenza de cerámicas importadas e, en xeral, de elementos de prestixio (xurdimento da aristocracia).
Período Orientalizante. Fase IV (720-580 a.C.)
Poboamento
Mundo funerario
Estruturas: grande variabilidade en función do estatus (as 3 últimas dos aristócratas):
![]() |
| Terracota (Satricum) |
Na segunda metade do s. VII introdución de novas técnicas construtivas en duro,
comezando por edificios relixiosos (pedra, adobe, tellas e decoración dos
tellados con terracotas)
Primeiro
urbanismo: reordenación do espazo interior dos núcleos habitados: separación
funcional de áreas públicas e privadas mediante trama viaria.Mundo funerario
Estruturas: grande variabilidade en función do estatus (as 3 últimas dos aristócratas):
- Tumbas de fosa simple
- Tumbas de cista
- Túmulos
- Cámaras
![]() | ||
| 1. Tumba de fosa, ss. VIII-VII a.C.; 2-3. Tumba con 1 e 2 loculi laterais, s.VIII-VII a.C.; 4. Tumba de cámara, ss.VII-VI a.C. Crustumerium. |
![]() |
| Tumba de Acqua Acetosa Laurentina |
Enxovais: aumenta número e calidade dos obxectos. Sitúanse á dereita do morto, e practícase un nicho lateral para acollelos. Ritos funerarios: vasos rotos no interior das tumbas (refugallo de libacións) e restos carbonizados de cebada, fabas ou pebidas de uva (banquete ritual).
![]() |
![]() |
Necrópoles escavadas salientan en Lavinium, Praeneste e Decima.
En Lavinium: Heroon de Eneas (mediados s. VII):
Dionisio de Halicarnaso (I, 64; s. I a.C.), sobre o enterramento de Eneas heroizado:
- Cando o cadáver de Eneas non se puido ver por ningures, uns
supuxeron que fora levado polos deuses e outros que morrera no río preto do cal
se librara a batalla. Daquela os latinos ergueron un HEROON [monumento dedicado
ao culto heróico] coa inscrición: "Ao pai e deus deste lugar, que preside a
corrente do río Númico" [o actual arroio Río Torto]. Pero hai algúns que
sosteñen que o heroon foi erguido por Eneas en honor de Anquises [pai de Eneas]. É un túmulo
pequeno con fieiras de árbores plantadas ao redor, dignas de se ver.
- A estrutura orixinal era unha cista (1,6x2,5) cuberta de túmulo (18 m. de diámetro)
- Enxoval: grande cantidade de cerámica (enócoe proto-corintio), obxectos en bronce e ferro (algunhas armas, coitelo de sacrificios...).
- No s. IV construíuse sobre a tumba unha cella cuadrangular precedida dunha estancia rectangular. O conxunto rodeouse dun empedrado sobre o que descansaba un elevado túmulo. Esta reforma relaciónase coa mencionada instauración do culto a Eneas en Lavinium.
![]() |
![]() |
| Heroon de Eneas (alzado, reconstrucíón, planta) |
En Praeneste (actual Palestrina) temos as tumbas Barberini, Castellani e Bernardini (s. VII a.C).
Trátase de tumbas principescas, con enxovais moi ricos en cantidade e procedencia: vasos de prata con decoración exiptizante en relevo, copas de prata con forma de escifos gregos, caldeiros de bronce con prótomos, enócoes de prata, obxectos de marfil...
Enxoval tumba Bernardini
|
|
|
![]() |
| Espada curta |
| Aro de bronce de Decima |
- 300 tumbas escavadas.
- Tipo: fosa con cuberta de pedra ou terra.
- A maioría con enxovais pequenos, con elementos cerámicos e metálicos de produción local. Unhas poucas reúnen produtos de importación e algunha outra que pode cualificarse como “principesca”.
- Nas
tumbas femininas máis ricas presentan o cadáver vestido con finas roupaxes,
adornados con fíbulas e discos. Na tumba máis rica, a “da Princesa”, apareceu
un carro.

Fíbula de dragón de Praeneste - Nas masculinas aparecen diferentes armas, a lanza á dereita do corpo, as espadas á cabeza ou pés, algún carro e “fíbulas de dragón”
Finais do orientalizante
A finais
do s. VII maniféstase un evidente descenso da riqueza.
A partir
do 600 a.C. desaparece calquera signo de prestixio e enxovais en xeral.
Causas:
posible promulgación de leis suntuarias (como en Grecia) e tamén derivación do
gasto cara a obras públicas e entrega a santuarios (segundo Ampolo e Colonna).
- Bronce Final (s. X): escaseza de restos de hábitat; coñecese mellor por restos funerarios, só de incineración, con depósitos en pozo (grandes vasillas con urna cinerarias, miniaturas, idoliños...)
- Idade do Ferro (ss. IX-finais VIII): nos primeiros momentos aparecen restos de grupos de cabanas próximos a terras de cultivo e prodúcese a transición á inhumación nos enterramentos, que conviven co tradicional rito de incineración. A fase final deste período coincide co xurdimento dun certo proto-urbanismo, cos primeiros indicios de fortificación. Tamén aumentan as armas nos enxovais masculinos e os obxectos de prestixio importados (xurdimento dunha aristocracia)
- Período orientalizante (finais s. VIII-VII a.C.). A influencia oriental increméntase, contribúe a afondar nas diferenzas sociais e no progreso do urbanismo. O mundo funerario enriquécese con diferentes tipos de tumbas (en cista, túmulo, cámara...) e ricos enxovais "principescos". Este período remata a finais do s. VII a.C., constatándose daquela un descenso no nivel de riqueza dos enxovais, seguramente debido á promulgación de leis contra a ostentación nos funerais, entre outras medidas.
Síntese
Dende o cambio do IIº milenio ao Iº, durante a Idade do Bronce ata o Período Orientalizante, cando as colonias gregas traen a Italia tanto a escritura como o modelo de "organización politana", vai producirse en territorio lacial a evolución paulatina nas formas de habitación e enterramento, a través das seguintes etapas:- Bronce Final (s. X): escaseza de restos de hábitat; coñecese mellor por restos funerarios, só de incineración, con depósitos en pozo (grandes vasillas con urna cinerarias, miniaturas, idoliños...)
- Idade do Ferro (ss. IX-finais VIII): nos primeiros momentos aparecen restos de grupos de cabanas próximos a terras de cultivo e prodúcese a transición á inhumación nos enterramentos, que conviven co tradicional rito de incineración. A fase final deste período coincide co xurdimento dun certo proto-urbanismo, cos primeiros indicios de fortificación. Tamén aumentan as armas nos enxovais masculinos e os obxectos de prestixio importados (xurdimento dunha aristocracia)
- Período orientalizante (finais s. VIII-VII a.C.). A influencia oriental increméntase, contribúe a afondar nas diferenzas sociais e no progreso do urbanismo. O mundo funerario enriquécese con diferentes tipos de tumbas (en cista, túmulo, cámara...) e ricos enxovais "principescos". Este período remata a finais do s. VII a.C., constatándose daquela un descenso no nivel de riqueza dos enxovais, seguramente debido á promulgación de leis contra a ostentación nos funerais, entre outras medidas.


















No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios