martes, 29 de marzo de 2016

Tema 7. Arqueoloxía da morte en Grecia

Esquema do tema 7 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned. 


Índice de contidos
  • Fontes.
  • Ideas sobre a morte. Representacións (síntese aquí)
  • Arqueoloxía da morte. Definición. Características xerais.
  • Rituais funerarios: fases
  • Evolución das estruturas funerarias e da composición dos enxovais. Periodización.
  • Paisaxe das necrópoles (organización dos cemiterios e dos seus compoñentes)
  • Lápida funeraria epigráfica
  • A lectura social dos restos
Fontes para a Historia das concepcións da morte en Grecia
  • Literatura
    • Homero (entre outros)
  • Arqueoloxía
    • Estruturas funerarias
    • Enxovais
    • Epigrafía (inscricións sobre materiais duros)
    • Epitafios
  • Iconografía
    • Pinturas murais,
    • Vasos…
Algunhas ideas sobre a morte
  • Psyché “alma”
  • Un alén sen esperanza. O Hades, o inframundo onde habitan as almas, é un mundo inzado de demos infernais (segundo a ilustración do pintor Polignoto, descrita por Pausanias na súa Descrición de Grecia, X, 28-31).
  • Medo a morrer sen sepultura (almas errantes que non atopan acougo nin a atención dos vivos).
  • A partir do s. VI, as relixións mistéricas ofrecen a esperanza dunha ultratumba máis esperanzadora. 
  • Dende Época Escura e aínda durante o século V a esperanza nunha vida futura descansaba en boa medida na capacidade para permanecer vivo na memoria colectiva. A verdadeira morte era o esquecemento:
Pero a quien en vanguardia caído la vida perdiera/ tras dar gloria a su patria, a sus gentes y a su padre/ traspasado cien veces de frente, a través de su pecho;' .. a éste lo lloran lo mismo los viejos que los jóvenes/ y con hiriente nostalgia lo añora su pueblo en conjunto/ Y su tumba y sus hijos son entre los hombres famosos/ y los hijos de sus hijos y toda su estirpe futura/ jamás su noble fama se extinguió ni su nombre /sino que aunque esté bajo tierra se hace inmortal... 
(Tirteo, Fr. 5 (9D) trad.C. García Gual –ca.650 a.C.)

  • Xa a partir do s. IV comeza a tendencia a divinizar ao defunto, o que abriu a porta á divinización dos monarcas helenísticos, dende Alexandre aos Diádocos.
Arqueoloxía da morte. Definición. Características xerais

Definición: Estudo das prácticas funerarias a través dos seus restos materiais.
Características xerais:
  • Contextos pechados (restos moi localizados)
  • Boa conservación das estruturas funerarias e dos enxovais. 
Rituais funerarios: fases
Ritos pre-deposicionais:
  • Próthesis: exposición do cadáver para o seu velorio.
  • Ekphorá: traslado do cadáver ao cemiterio, en andas ou carro.
Ritos deposicionais:
  • Inhumación ou cremación (poucos datos sobre o cerimonial)
Ritos post-deposicionais:
  • No cemiterio
  • Fóra do cemiterio.
Ritos pre-deposicionais.
Próthesis. A exposición do morto
  • Ampla representación na cerámica do xeométrico.
  • As mulleres preparaban o cadáver: bañábano, vestíano co kosmos (manto funerario branco), pechábanlle os ollos e dispoñíano sobre unha kliné, cos pés mirando cara a porta.
  • A exposición podía durar varios días (non menos de dous)
  • Escenas de pranxideiras contratada.
Ekphorá. O traslado
  • O emprego do carro testemúñase no achado dos seus restos en contextos funerarios de Atenas e tamén en vasos do Dipilón.
  • O traslado facíase pola noite, con cortexo (pompé) de músicos e acompañantes (homes precedían ás mulleres).

Terracota. Vari, Grecia. 650-600 a.C.

 Ritos deposicionais. Inhumación e cremación

  • O corpo inhumado introducíase nunha cista.
  • As cinzas e restos dos corpos incinerados introducíanse nunha urna.
  • Cos restos depositábase o enxoval, que variaba en función do estatus, xénero, idade, área xeográfica, período...

Urna cineraria
Inhumación en cista (Protoxeométrico, s. X a.C.)

Ritos post-deposicionais. No cemiterio e fóra del



  • Dende o s. VIII a.C., evidencias de que se facían no cemiterio sacrificios de pequenos animais, que logo se queimaban con outros obxectos, e non se consumían (depósitos destas ofrendas no “cemiterio do Cerámico” de Atenas).
  • Banquete funerario (perideipnon) na casa familiar, que se celebraba ao 3º día do pasamento. 30 días despois levábase á tumba o lixo da casa (purificación) e despois celebrábase un último banquete. Fin do dó.
  • Despois do dó: a lembranza dos mortos, que se manifestaba na visita ás tumbas, duraba non máis de tres xeracións. Isto vese nas agrupacións de tumbas dentro dun mesmo períbolos ou recinto funerario pechado.
    A través do estudo dos lécitos de fondo branco, que se depositaban nas tumbas, distínguense diferentes xestos:
    • Decoración con flores e cintas de tela
    • Ofrenda de vasos cerámicos
    • Invocación do defunto por parte do familiar máis achegado.
    • Libacións de viño, auga, leite, mel ou aceite sobre a tumba
    • Rotura dos vasos empregados nas libacións.
    • Tras a libación, sacrificio de animais (vacas, cabras, lebres, porcos...) de pelo negro.
    • En honor de personaxes distinguidos ou dun conxunto de caídos en combate, podíanse celebrar tamén xogos atléticos e retóricos.
    Lécito branco con escena de visita á tumba

    Evolución das estruturas funerarias e da composición dos enxovais. 
  • Periodización 
    • Idade Escura (alto e medio arcaísmo: 1100-950 / 950-750 a.C.; estilos proto- e xeométrico) 
    • Arcaísmo Pleno (750-500)
    • Época Clásica e Helenística
      • Clásica (480-323 a.C.)
      • Helenismo (323-Imperio Romano) 
    Idade Escura (Alto e medio Arcaísmo)
    • Coincide co período dos estilos protoxeométrico (1050-900 a.C.) e xeométrico (900-700 a.C.)
    • Tumba individual
    • Predominio da incineración
    Protoxeométrico (1050-900 a.C.)

    • Inhumación para nenos, en cistas.
    • Cremación para adultos, en foxas:
      • Foxa cadrada ou rectangular pequena, con burato para introducir a urna.
      • Cremación secundaria (feita non in situ, senón en lugar aparte). Adoitaban introducirse os restos da pira tamén na foxa.
      • Despois tapábase cun pequeno túmulo.
      • Ánforas especializadas no depósito de cinzas de homes (asas no colo e ombro) e de mulleres (asas na panza).
    • Ao final do período, o túmulo comeza a sinalarse cunha pedra fincada (a modo de estela).
    Enxovais
    • Armas asociadas a restos masculinos: puntas de lanza de bronce e ferro, espadas (empuñadura introducida dentro da ánfora, e a folla dobrada sobre o colo)
    • Fíbulas, aneis e agullas en restos femininos.
    • As urnas cubríanse cun vaso de bronce, laxes de pedra ou prato cerámico.



    Xeométrico (ca. 900-700 a.C.)
    • En Atenas, continúa usándose o Cerámico e aparecen espazos funerarios na Ágora e no Areópago
    • Cremación secundaria predominante.
    • Tamén hai inhumación.
    • Aumentan de tamaño as estelas, que a partir do 800 poden combinarse con vasos cerámicos moi grandes (cráteras para homes, ánforas para mulleres, decoradas co estilo xeométrico tardío).
    • Adoitaban ter a base perforada, posiblemente para libacións.
    Enxovais
    • Xoias pouco frecuentes, pero de mellor calidade: bandas de ouro decoradas con animais de estilo orientalizante ou figuras xeométricas repuxadas, enroladas ben sobre as urnas, ben sobre cabeza ou brazos dos esqueletos.
    • Armas, como no período anterior.

     


    "Tumba dunha muller rica" (Areópago)

    Evolución das tumbas de incineración entre o Protoxeométrico (A-C) e o Xeométrico (D-F)


    Fins s. VIII-comezos VII (Ática)
    • Diminúe nº de tumbas, abandono dalgunhas necrópoles, novos tipos de tumba e cultura material.
    • Tendencia a afastar o mundo funerario do espazo dos vivos. Lugares próximos a camiños.
    • Conviven ritos cremación e inhumación.
    • Cremacións primarias (in situ), de aí foxas de maior tamaño.
    • Inhumacións en foxas ou pozos escavados na rocha.
    • Nenos enterrados en tinas ou en bañeiras de arxila cubertas con outras.
    • Túmulos de planta circular ou rectangular sobre os dous tipos de tumba.
    Enxoval dun guerreiro arxivo
    Fóra de Atenas

    Cista de Argos (fins s.VIII): enxoval composto por casco, coiraza de bronce, varios vasos, asadores, aneis de ouro e dous machados de ferro.

    Necrópole de Eleftherna, Creta
    Tumba de cremación primaria con restos calcinados dun guerreiro e dun acompañante, xunto aos restos dun esqueleto sen cabeza e cos membros atados. Sacrificio humano, como no funeral de Patroclo descrito na Ilíada?
    Enxoval: puñal, machado e pedra de afiar.
      
    Período arcaico (ou Arcaico Pleno, s. VI a.C.)
    • Os túmulos dan paso a tumbas rectangulares con paredes verticais de adobe agrupadas en rúas.
    • Evolucionan cara a paredes externas feitas en mampostería. Comeza unha maior monumentalización.
    • Os vasos cerámicos son substituídos por grandes estelas de pedra con decoración en relevo ou escultórica, excepcionalmente estatuas de Kouroi e Korai. 
    • Kouros marcador de tumba
     
    Estelas



    Época Clásica e Helenística
    • Uniformidade de ritos e estruturas en toda Grecia.
      Estelas con relevos (dun lutróforo á dereita)
    • Tumba individual, de cremación ou inhumación.
    • Cremacións primarias.
    • Inhumacións infantís seguen a tradición dos recipientes ou bañeiras. Os adultos: en sartegos monolíticos ou compostos, en pedra (caliza ou mármore)
    • Mantéñense túmulos circulares e tumbas cuadrangulares, algunhas con muros de sillería.
    • Introdúcense os Demosion Sema (tumbas do pobo) e a fins do s. V aparece o períbolos, recinto con tumbas sinalizadas por estelas (ver infra)
    • En 430 imponse a estela con relevos con representación de individuos ou parellas en diferentes actitudes.
    Enxovais de época clásica
    • Nas tumbas de cremación abundan os vasos cerámicos.
    • Nas tumbas de inhumación aparecen máis obxectos de ouro e vasos de alabastro.
    • Mantéñense os depósitos de ofrendas.
    • Aparece o lécito de fondo branco.

    Enxoval atopado en Ampurias
    (finais s.IV-comezos s.V a.C.)

    Fóra de Atenas
    • Tumbas de grande monumentalidade no mundo grego oriental, con forte influencia exterior.
    • Abundan as tumbas de cámara, con fachadas arquitectónicas e os grandes mausoleos, xa dende mediados s. VI.

    Xanthos (Lidia, Turquía)
    Tumba das arpías (480-70 a.C.): piar monolítico sobre basamento.
    Tumba das Nereidas: forma de templo xónico períptero.
    Tumba das Arpías
    Tumba das Nereidas
      Mausoleo de Halicarnaso (mediados s. IV a.C.)
    • Tumba de Mausolo de Caria, 7ª marabilla do mundo.
    • Terraza, basamento coa cámara funeraria, capela de estilo xónico e cuberta piramidal.
    • Segundo Plinio medía uns 45 m.
      Mausoleo de Halicarnaso, segundo descricións antigas
      Tumba de Filipo

      Tumbas hipoxeas monumentais,
    • Con bóveda, dromos, antecámara e cuberta con túmulo.
    • Como as “Tumbas reais” macedónicas do Gran Túmulo de Vergina, onde posiblemente se enterrara Filipo II e a súa familia.
    • O túmulo cubre 4 tumbas, 3 de cámara e 1 en cista.
    • A tumba de Filipo presenta fachada dórica con friso pintado (escena de cacería)
    • Posúe dúas sepulturas: o rei na cámara e a raíña no vestíbulo.
      Helenismo
    • Inhumación e cremación.
    • Inhumación en cadaleitos de madeira, bañeiras e tumbas de tella, os máis abundantes.
    • En Ática, as restricións impostas por Demetrio de Falero (317 a 307 a.C.) puxo fin á ostentación monumental. Durou ata o s. II a.C., cando rexorden as tumbas monumentais e as grandes estelas con relevos.
      Óbolo
    • Introdúcese o óbolo de Caronte. 
    • Os lécitos brancos son substituídos por ungüentarios de peor factura.
    • As novas tumbas monumentais inspíranse na de Halicarnaso.
    Alexandría
    • Tumbas de clases menos acomodadas: cámaras hipoxeas arredor dun peristilo, con nichos para os sartegos.
    • Tradición autóctona mesturada con decoración arquitectónica grega.
    • Segue o modelo da casa grega.
    Tumbas alexandrinas
    Sobre os enxovais (en xeral)
    • Posiblemente se tratase de obxectos da propiedade do defunto, que fosen especialmente aprezados por el ou de utilidade para a vida de ultratumba.
    • Adobíos como fíbulas e xoias (fonte para o estudo de influencias, comercio, etc.)
    • Identificadores de xénero: espellos e estríxiles.
    • Identificadores de estatus: armas e xoias.
    • As armas adoitaban inutilizarse, para darlles “morte” (son frecuentes dende o protoxeométrico ata época arcaica, desaparecendo logo)
    Obxectos de uso cotiá con valor funerario
    • Vasos cerámicos con función de conter ou consumir auga para saciar a sede dos defuntos no Hades.
    • Biberóns en tumbas infantís.
    • Lucernas para a iluminación nos funerais nocturnos e dos mortos na súa viaxe ao alén.
    • A partir de época helenística xeralízase o depósito do óbolo para pagar a viaxe na barca de Caronte.
    • Obxectos especificamente funerarios
    • Copias en miniatura de vasos cerámicos, copias en pedra ou arxila de alimentos ou animais que acompañan ou substitúen aos reais queimados como ofrenda.
    • “Barbilleras” para termar da mandíbula do defunto durante a próthesis.
    • Lécitos de fondo branco: contedores de aceites perfumados de uso fúnebre.

    Enxoval do Cerámico. Xeométrico Medio.
     
    A paisaxe funeraria. O Cerámico como paradigma
    • Só se coñece a paisaxe do Cerámico con certo rigor en época clásica (os restos funerarios de época arcaica foron reutilizados para a muralla dos tempos de Temístocles)
    • Sensación de amoreamento de tumbas de diferentes estilos: túmulos circulares, monumentos cuadrangulares, tumbas individuais, periboloi, etc.
    • Confusión de diferentes tipos de sinalización vertical: esculturas exentas zoomorfas, estelas con relevos, pintadas...
    • Grande esforzo de ostentación para marcar estatus.



    O Cerámico na actualidade

    Períbolos
    Períboloi (fins s. V) 
    • Recintos que acollen varias tumbas, posiblemente de membros dunha mesma familia (antecedentes en Micenas: círculos A e B)
    • A partir do s. IV multiplícanse en torno aos camiños de acceso a Atenas (varias sepulturas).
    • Tenden á ostentación, como sinal de clase e riqueza. 
      Demosion sema. Tumba do pobo
    • Espazo vertebrado por un camiño cerimonial con sepulturas dos caídos en combate a senllos lados.
    • Patrios nomos “costume ancestral” (Tucídides, 2.34.5) segundo a cal os caídos en combate debían ser sepultados en solo patrio (excepción feita dos caídos en Maratón e Platea) 
    A pesar desa norma, os caídos en Maratón foron enterrados in situ baixo un grande túmulo (192 atenienses)
    Túmulo dos atenienses en Maratón

    Túmulo dos plateos en Maratón
    Túmulo dos plateos, interior

    Cenotafios
    Cenotafio
    • Monumentos conmemorativos para honrar aos que non puideron ser sepultados.
    • Semellan tumbas normais. 
    • Poden consistir nunha pedra illada que representa ao defunto.
    Estelas
    • Moi características do espazo funerario grego.
    • Sinalan a localización das tumbas.
    • Poden rematar coa representación dun animal (león ou touro) ou fantástico (esfinxe)
    • Relevos de figuras humanas
    • Escenas de despedida, bélicas ou actos de estreitar a man.
    • Vasos cerámicos de grande tamaño que imitan formas correntes, como os lutróforos (de uso ritual en casorios, soen marcar tumbas de solteiros).



    Aspectos sociais
    • A arqueoloxía da morte permite facer un estudo da composición dunha comunidade (grupos de idade, diferenzas de xénero e de estatus, etc.)
    • Faise ostentación de poder e riqueza na monumentalización (aínda que os enxovais non os reflicta en igual medida).
    • Solón –s.VI a.C.- tamén lexislou contra excesos nesa ostentación.
    Algunhas deducións (segundo I. Morris)
    • A medida que as tumbas e os seus contidos se uniformizan, menor é o número de persoas con “dereito” a sepultura.
    • A uniformidade vai parella a un descenso na calidade dos enxovais: o dereito a sepultarse é suficiente signo de prestixio.
    • A invisibilidade dalgunhas sepulturas induce a pensar que non deixaron pegada no rexistro arqueolóxico.


    (extraído de Quesada Sanz, F., 1991: “Muerte y ritual funerario en la Grecia Antigua: una introducción a los aspectos arqueológicos”, en Vaquerizo Gil, D. (Coor.): Arqueología de la muerte: metodología y perspectivas actuales. Dip. de Córdoba)

    Outros textos recomendables: 
    Díez de Velasco Abellán, F.P., "Los caminos de la muerte: religión, rito e iconografía del paso del más allá en la Grecia Antigua"  (Ed. impresa: "Los caminos de la muerte. Religión, rito e imágenes del paso al más allá en la Grecia Antigua", en Ed. Trotta. Colección Paradigmas, 1995)

    Enlaces de interese:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Comentarios