domingo, 13 de marzo de 2016

Tema 5. Fundamentos para unha historia da Arquitectura Grega (1)


Síntese parcial do tema 5 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned.

Contidos. Esquema:
5.1 A defensa de cidades e territorios
  • Fortificacións urbanas
  • Fortificacións territoriais

5.1.1. A defensa de cidades e territorios 
En Grecia a fortificación da polis comezou pola acrópole, a parte alta da cidade ou cidadela, onde adoitaban situarse os edificios públicos. A fortificación consistía na construción de potentes murallas (defensas pasivas).
A partir do s. VIII comeza a percibirse mellor a fortificación da cidade a través do coñecemento das colonias (apoikía), que sabemos que se construían a imaxe das metrópoles. 
No s. VI as cidades gregas ven a necesidade de incrementar as súas defensas urbanas ao vérense ameazadas polos reinos orientais veciños (primeiro lidios, logo persas), que agora conquistan as cidades gregas de Asia Menor. 
No s. IV a experiencia contra os reinos orientais permite desenvolver en Grecia a poliorcética, que é a arte de asediar cidades mediante o emprego de maquinaria bélica para, agora, practicar unha guerra máis ofensiva. Pero esta, ao seu tempo, estimula unha sofisticación da defensa pasiva, é dicir, do sistema defensivo murario. 

Maquinaria bélica (CESAR´S ARMY. Harry Pratt Judson. Ares Publishers, Inc. Chicago, 1.993)

Como cidadelas, a súa elevación constitúe unha defensa natural que se reforza por medios artificiais mediante murallas. A de Atenas remonta a época micénica, cando as acrópoles concentraban a residencia do rei e os edificios administrativos e relixiosos. 
Murallas micénicas da acrópole de Atenas


Pero a partir do s. VII os edificios públicos tenden a descender cara a cidade baixa, de maneira que a cidadela xa só conserva os edificios relixiosos e máis certa función defensiva acollendo á poboación en momentos de perigo. 

Cidadela de Pérgamo (Asia Menor)

Recintos urbanos 
A fortificación das cidades responde á necesidade de protexer toda a poboación ademais da acrópole. Os primeiros testemuños remontan ao s. IX, na colonia xonia de Esmirna, onde a muralla rodea todo o núcleo. 
Vai ser no mundo colonial (Asia Menor, Sicilia, Magna Grecia) onde mellor se testemuñe este modelo en época arcaica, mentres na Grecia continental parece máis habitual que a poboación se esparexa fóra dos recintos defensivos. 
Reconstrución de Esmira, s. VIII a.C.
Acrópole de Butrinto (Albania)
En época clásica, cidade e recinto defensivo son realidades inseparables. Agora a sofisticación construtiva non só afecta a torres, bastións, foxos, portas e lenzos, que multiplican os seus ángulos de ataque, senón tamén ao material construtivo, que se presenta en forma de aparellos máis sólidos e fortes (regular isódomo, almofadado...).

Muro almofadado da acrópole de Priene

En época helenística, o desenvolvemento da poliorcética obriga a mellorar o sistema de murallas para facelo máis resistente ás máquinas de asedio: 
  • Lenzos en cremalleira 
  • Multiplicación de poternas para sorprender ao atacante.
  • Torres de diferentes morfoloxías, especialmente curvas, para absorber mellor os impactos dos proxectís, etc.
    Muralla en zig-zag, lenzos en cremalleira e poterna (Assos, Xonia),
Circuítos exteriores 
Son os sistemas defensivos destinados a protexer territorios exteriores, de cuxa defensa dependía o abastecemento e comercio da cidade. 
O máis famoso é o coñecido como os “Muros Longos” (ou “murallas largas”) de Atenas, que unían a cidade co porto do Pireo (s. V a.C.) 
Muros Longos de Atenas
 5.1.2 Fortificacións territoriais 
Fortíns, atalaias e barreiras fronteirizas. 
Barreira de Dema (trazado ca. 4 km)
Barreira de Dema (s. IV a.C.): protexía a ruta entre Peloponeso, Ática e Beocia consistente nun muro discontinuo reforzado cunha rede de fortíns e atalaias. 
Outros sistemas menos custosos dispoñían de fortíns comunicados entre si mediante atalaias ao seu tempo intercomunicadas mediante sinais de lume. Coñécense tamén torres illadas frecuentes nas illas do Exeo ou lugares de especial protección (como as minas de prata de Laurión, na Ática).


Torre defensiva e barreira de Dema


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios