![]() |
A bóveda celeste no Libro de Nut |
Índice
- Os mitos cosmogónicos exipcios
- A cosmogonía heliopolitana
- A teoloxía menfita
- A cosmogonía hermopolitana
- O culto a Re
Os grandes sistemas que xurdiron en Heliópolis, Menfis e Tebas compartían un fondo común: toda a existencia procedía dunha única fonte orixinal que, tras o acto de creación, produciu toda a diversidade do universo.
Antes da creación reinaba unha absoluta escuridade e augas infinitas. De aí xurdiu un creador do Universo, que deixou a Nada nas súas marxes, a cal só penetraba no mundo en forma de soños e morte. Esta, entendida como desaparición no medio da confusión do caos, podía remediarse cos rituais de enterramento oportunos, permitindo o renacemento.
![]() |
Lugares mencionados no texto (en vermello). |
O mundo creado dispoñía dunha atmosfera que separaba a terra (representaba polo deus Geb/Gueb) do ceo (deusa Nut), á súa vez en contacto co océano escuro. A existencia estaba definida polo movemento rítmico do Sol, que navegaba polo ceo durante o día e pola noite desaparecía por baixo do horizonte accedendo a Duat, como se chamaba a morada dos deuses e dos mortos, inaccesible aos vivos. A viaxe diaria do Sol, co seu ciclo de nacemento, morte e rexurdimento, daba sentido a todo movemento, dende o fluír vital da Humanidade ata as crecidas anuais do Nilo.
![]() |
The Gods of the Egyptians Vol. II, p. 96 |
1. A cosmogonía heliopolitana
En Iwnw (Heliópolis) xurdiu un dos sistemas teolóxicos máis influentes da historia exipcia. No seu mito de creación, coñecido principalmente a través dos Textos das Pirámides, xogaba o papel de grande creador Re (o deus do Sol), en substitución de Atum, de quen tomou as súas características. Re-Atum xurdiu do océano primixenio (Nun) e trouxo a luz ao Universo. Axiña xurdirían del Shu, deus do aire, e Tefenis, deusa da humidade, de cuxa unión saíron o deus da terra Geb e a deusa do ceo Nut, ao seu tempo proxenitores de Osiris, Isis, Neftis e Set. Este conxunto ordenado de divindades coñécese como a Enéada Heliopolitana (> 9 deuses).
2. A teoloxía menfita
![]() |
Estatua de Ptah (madeira dourada, faienza e vidro) Tumba de Tutankamón, Museo de El Cairo |
![]() |
A pedra de Shabako. Menfis |
A forma de Atum moldeouse alí no corazón, moldeouse na lingua. Pois o verdadeiramente grande é Ptah, quen deu vida a todos os deuses e aos seus kas (espíritos) a través deste corazón e desta lingua, onde Horus adoptou a forma de Ptah, onde Tot adoptou a forma de Ptah.
3. A cosmogonía hermopolitana

Relevo dun templo de Dendera

Como nos outros casos, tamén esta cosmogonía coñecía diferentes versións sobre a creación pero, a diferenza deles, esta non se limitaba a un deus supremo, senón que se refería a unha Ogdóada primordial (8 deuses). Eran 4 deuses masculinos con cabeza de serpe cos seus equivalentes femininos con cabeza de ra: Nun e Nunet (augas primixenias), Heh e Hehet (eternidade), Kok e Koket (escuridade) e Amón e Amonet (aire). A eles se lles atribuía a creación do mundo nun “Primeiro Tempo”. Gobernaron o mundo ata que morreron e, logo da súa morte, retiráronse ao mundo subterráneo onde se encargaban de que o Nilo sempre fluíse e de que o Sol saíra para asegurar que a vida florecese. Dende o Reino Medio, este mundo subterráneo, morada dalgúns deuses, non era un lugar tebroso, senón a localización dun reino ideal ao que todos aspiraban tras a morte: un reino de primavera eterna sen mal, sen doenzas nin tristuras.
![]() |
Tot. Tumba de Menna, Din. XVIII |
Segundo outra versión cosmogónica, a vida xurdira dun Ovo Cósmico posto na Illa de Creación por un ganso chamado “Gran Cacarexador”, ou un ibis que representaba a Tot (nome grego de Dyehuty, patrón de Hermópolis, identificado con Hermes e patrón da escritura).
Noutro relato, sen embargo, a Ogdóada creou un loto que emerxeu do Lago Sagrado no templo de Hermópolis e abriu os seus pétalos para revelar a Re (ben en forma de neno, ben de cerello -escaravello do esterco- que se transformaba nun neno), quen creou o mundo e a humanidade.
![]() |
Deusa Maat |
O culto a Re
Nos Textos das Pirámides, principal fonte relixiosa do Reino Antigo, dise que o rei se converterá nunha estrela. Pero, ademais, cada rei proclamaba a súa alianza co deus do Sol (a partir da Dinastía IV fixo chamarse “Fillo de Re”), o que constituía unha crenza moi arraigada no Reino Antigo, como demostra a elección da forma piramidal nas sepulturas reais (imaxe da forma de túmulo da Illa da Creación, onde se pousara o primeiro deus e xurdira a vida [1]). Sen embargo, o culto a Re e o poder dos seus sacerdotes tivo o seu momento álxido na Dinastía V, cando o rei se dicía que vivía sometido á vontade do deus.
![]() |
Apopis en Duat |
![]() |
Jepri/Khepri |
[1] A
pirámide (en exipcio mer: lugar de ascensión) parece que tivo relación co culto
ao Sol, e quizais tamén foi considerada unha variante da pedra Benben.
Bibliografía
- DAVID, Rosalie. Religión y magia en el antiguo Egipto. Ed. Crítica, 2003
- VÁZQUEZ HOYS, Ana. Los Dioses Egipcios. En liña:
http://www.uned.es/geo-1-historia-antigua-universal/EGIPTO%20RELIGION/DIOSES_EGIPCIOS_ENTRADA.htm - Id. Enéada Heliopolitana. En liña: http://www.uned.es/geo-1-historia-antigua-universal/EGIPTO%20RELIGION/DIOSAS/ENEADA_HELIOPOLITANA.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios