Contidos. Esquema:
5.2. Os centros da vida pública.
- Desenvolvemento e funcións da ágora
- bouleterion,
- prytaneion
- ekklésiasterion.
- teatros,
- estadios,
- odeóns
- hipódromos
- ximnasios
- palestras
Desenvolvemento e funcións da ágora
A ágora localízase no centro simbólico da cidade. Tamén ocupa o centro xeométrico da rede de rúas de moitas poleis.
Só Mégara Hyblaea (costa E de Sicilia) presenta un espazo libre no centro da ordenación do reparto do solo (fig.1) Na segunda metade do século VII xa se produce a monumentalización dese espazo: construción de todos os elementos esenciais para o desempeño das diversas funcións, templos, pórticos, edificios administrativos... rodeando a explanada destinada ás reunións de cidadáns e asembleas (fig.2)
Evolución da ágora de Mégara Hyblaea
![]() |
![]() |
A primitiva localizábase sobre o lado NE da acrópole, pero non se conservan os seus restos.
Tras Solón, afástase da Acrópole e sitúase na confluencia das vías principais.
Os primeiros edificios (bouleuterion, prytaneion e Stoa Real) dispóñense a carón da vía N-S, ao pé do Kolonos Agoràios (segunda metade s. VI)
Tras a destrución persa de Atenas, Cimón comezou a restauración da ágora, que seguiu desenvolvéndose sen ningunha relación entre os edificios.
En época helenística, coa perda de independencia das poleis, redúcese a actividade política (asembleas populares ou xudiciais) e, a cambio, increméntase a actividade comercial e mantense a relixiosa.
No Helenismo imponse tamén a tendencia a pechar a praza con pórticos -stoai-, tipo coñecido como xónico (témola en Pérgamo, Mileto, Priene, Éfeso...) Destacar a stoa de Atalo en Atenas (segunda metade s. II a.C.). Tiña dous pisos con columnas dóricas e xónicas, e abeiraba na parte posterior unha fieira de tendas. Tras a súa restauración, hoxe é un museo.
![]() |
Primeira ágora ao pé da Acrópole (época arcaica)
|
![]() |
Traslado
ao Kolonos Agoraios ("outeiro da ágora"), en tempos de Solón (época arcaica) |
![]() |
Stoas rodeando a ágora de Pérgamo (Asia Menor) |
![]() |
Stoa de Atalo (planta). Atenas |
|
|
Ata o s. VI os edificios civís non presentaban unha diferenciación formal. Ata ese momento os pórticos deberon servir como sede dos maxistrados e para outros usos (caso da Stoa Real, onde se encontraba o asento do “arconte basileus” -o maxistrado da polis con funcións relixiosas).
Bouleuterion
O consello popular ou Boulé comeza a ter sede propia nos réximes democráticos: o Bouleuterion.
É un edificio concibido para a reunión de numerosos representantes políticos (500 en Atenas dende Clístenes; antes, en tempos de Solón, eran 400), para o cal dispoñía dun espazo organizado en gradas, ao igual que o resto dos edificios destinados á reunión pública.
|
Os bouleteria de Atenas
|
![]() |
1. Templo de Hefesto. 2. Vello bouleterion. 3 Novo bouleterion.4. Tholos (sede do pritaneo) |
Outros bouleuteria: Mileto
Planta rectangular con dúas alturas. A inferior era un podio e a superior feito á maneira dun templo pseudoperíptero con frontóns a N e S. No interior, as gradas (cáveas) descendían ata o podio. É de época helenística (175-164 a.C.)
Lugar de reunión dos pritanos (comisión de 50 membros da boulé escollidos para exercer o goberno da polis durante un mes ao ano).
O de Delos construíuse a mediados do s. VI e púidose identificar polas inscricións que se atoparon no seu interior. A presenza dunha columnata dórica na entrada permite distinguilo dunha casa, da que se diferencia moi pouco en planta.
Outras veces, como na ágora da Atenas clásica (480-60), adopta unha forma excepcional, en tholos (construción en planta redonda)
|
|
|
|
|
![]() |
Ekklésiasterion de Metaponto |
Descubríronse os restos do ekklésiaterion de Metaponto (cidade da Magna Grecia) baixo o teatro levantado no s. IV, cun aforo de 8000 persoas.
Construído a inicios do s. III a.C., o edificio de Priene Xonia, Asia Menor) identificado co ekklésiaterion (aínda que tamén podería tratarse dun bouleterion) dispón dun altar central.
|
Edificios para espectáculos: teatros, estadios, odeóns, hipódromos
Teatro
![]() |
Teatro de Dionisos, Atenas |
Orchestra: espazo circular ao nivel don chan (escenario)


|
|
|
Edificio destinado ás competicións atlética. Aproveita tamén as encostas do terreo. Ten forma oblonga, con esquinas redondas ou rectas. Mide 1 estadio (ca. 180m.) O máis antigo consérvase en Olimpia, baixo estruturas dos ss. V e IV a.C. A partir dos ss. IV-III puido recibir influxo do teatro ao engadir gradas no lado oposto á liña de saída. No s. I a.C. as gradas esténdense por todos os lado.
|
|
Odeón
Auditorio de música, para competicións de canto. O primeiro foi construído en tempos de Pericles (a carón do teatro de Dionisos). Parece que non eran de planta circular, senón rectangular, con varias fieiras de columnas para termar da cuberta e pórticos en polo menos dous lados. En Atenas non se petrificou ata época romana.
|
|
Hipódromo
![]() |
Vasilla de figuras negras |
Para carreiras de cabalos e carros.
Case descoñecidos arqueoloxicamente (descrición do de Olimpia por Pausanias).
Adoitaba consistir nun terreo chan, cos extremos redondeados e un terraplén para os espectadores.
Edificios para a práctica de exercicios físicos: ximnasios e palestras
Ximnasio
En orixe era o lugar onde se adestraban os militares (hoplitas e cabaleiros), sen unha arquitectura propia.
A partir do s. IV convértese no centro da paidéia (formación física e intelectual dos efebos-adolescentes).
En época helenística créase o edificio específico para a súa práctica, que se localiza a carón do resto dos edificios públicos, no centro da cidade.
- Palestra: peristilo precedido de própylon, rodeado de estancias (salas rectangulares ou en exedra con bancos, instalacións para o baño -salas para baños fríos con
Atletas na palestra - Pista cuberta
- Pista ao aire libre
A palestra
![]() |
Palestra de Olimpia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios