lunes, 17 de marzo de 2014

Tema 3. A cultura micénica (2)

4. A arqueoloxía da morte en Micenas
Ás tumbas de fosa sucédenlles, entre finais do s. XVI e finais do XIII, dous tipos de tumbas:
  • De cámara
  • Tipo tholos
Tumbas de cámara
Tumbas de cámara de Aidonia


  • Como as cretenses, trátase de tumbas hipoxeicas compostas por una cámara, dromos –corredor- e stomion -entrada, que xeralmente se sela con pedras.
  • A forma adoita depender da dureza da pedra, presentando formas irregulares tendentes ao rectángulo, elipse e semicírculo.
  • Algunhas presentan decoración pintada con motivos simples (liñas, discos e rosetas).
  • Trátase de tumbas colectivas (de carácter familiar?)
  • A súa orixe é discutida, aínda que presentan claros paralelismos coas tumbas de cámara do norte de Creta e illa de Kythera (sur do Peloponeso). Sen embargo, tamén pode tratarse dun desenvolvemento das cistas e dos pozos de época anterior.
  •  

     Tumbas tholoi
    • Forma máis monumental da arquitectura funeraria micénica.
    • Consta dunha cámara subterránea circular (thalamos), precedida por un longo dromos e un stomion que dá paso á cámara
    • A cámara adoita estar revestida de muros de pedra.
    • Cubríase ao exterior cun túmulo de terra e pedras.
    • A cuberta interior era unha falsa cúpula por aproximación de fiadas.

    Tesouro de Atreo (ca. 1350-1300 a.C.)



    Principal expansión das tumbas tipo tholos
    O problema das orixes. Hipóteses:

  • Petrificación dos túmulos do Heládico Medio (produto de evolución interna).
  • Derivación dos tholoi cretenses. Obxeccións: grande distancia temporal (dende o minoico antigo ao heládico recente, media máis de medio milenio) e claras diferenzas estruturais:Os tholoi cretenses non eran hipoxeicos, nin presentan indicios claros de bóveda nin de túmulo (aínda que se lles supón unha cuberta de terra).

  • Cámara
    Lárnax pintado de Tanagra, Beocia
    Thalamos subterráneo. Tholos de Existo
    •  Ritos funerarios
      Inhumación. A cremación non se rexistra ata Época Escura.
      Cadáveres directamente depositados sobre o chan (sen orientación precisa), en sartegos de terracota (larnakes, ás veces pintados), ataúdes de madeira ou plataformas.
      O cadáver ás veces adobiado con xoias e adornos. Ofrendas de vasos de comida e bebida, armas, ferramentas, figuriñas, sacrificios de animais (cans e cabalos)
      Tras o funeral, nas tumbas de cámara o stomion tapiábase cun muro e recubríase de terra o dromos. Había que reabrilos con ocasión das visitas aos defuntos e de novas inhumacións.
      Nos tholoi, pola contra, hai ocos nas entradas (“mortajas”), indicio de portas.
      Pequenas canles escavadas, que comunican o dromos coa cámara, poderán relacionarse con rituais de libación, cuxos restos maniféstanse en fragmentos cerámicos das vasillas rotas tras esta cerimonia.
    Tumba con lárnax
    Planta de tumba de cámara


    Lectura social
    Tumbas de cámara e tholoi son contemporáneas.
    Discútese se son produto de diferentes clases sociais. Os tholoi dos aristócratas (grupos xentilicios e clientelas). As tumbas de cámara do pobo común.
    A finais do MR estes grupos conseguiron maior prestixio a través da súa interacción coa estrutura palacial (acumulación de riquezas nas tumbas: obxectos importados de marfil: funcionarios palatinos, comerciantes?)
    Na etapa final deste período, a estrutura das tumbas de cámara tende a asimilarse á dos tholoi (perfil pseudoabovedado e fachadas máis monumentais)

    Porta modesta dunha tumba de cámara
    Porta monumental

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Comentarios