Esquema parcial do tema 11 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned.
Índice
Ámbito xeográfico
Periodización
Fundamentos de urbanismo e arquitectura etrusca.
Arquitectura civil.
Urbanismo e cidades.
Vivendas.
Palacios
Arquitectura relixiosa: templos
Arqueoloxía da morte. Necrópoles, enxovais e rituais funerarios
Ámbito xeográfico
A Etruria comprende dende o val do Po ao norte (coas cidades de Bolonia, Spina, Marzabotto e Mantua), continúa pola Toscana (Vetulonia, Populonia) e abrangue toda a ribeira dereita do río Tíber (Orvieto, Chiusi). Tamén ten cidades na Campania, ao sur do Lacio (onde se localiza Roma e as demais cidades latinas), a máis importante das cales é Capua. [Aínda que a rexión orixinaria dos etruscos se sitúa fundamentalmente na Toscana, en torno ao s. VI a.C. foi cando se producíu a súa expansión colonial cara a rexións de forte tradición villanoviana:a Padania (Val do Po) e Campania].
Periodización
IX-VIII: Villanoviano (Idade do Ferro)
VIII-VI: Orientalizante (720- 580), "Cultura dos Príncipes"
VI-V: Arcaico (580-480)
V-IV: Clásico (480-320). Declive etrusco tras diferentes derrotas ao longo do s. V a.C. na área Campana, non así na área tiberina e padana (esta pásana a compartir cos celtas a partir do s. IV a.C.)
IV-III: Período Helenístico (323-27 a.C. sic)
Fundamentos de urbanismo e arquitectura etrusca
Arquitectura civil
Urbanismo e cidades
Localización de cidades: cerca da costa, pero nunca ao borde do mar (coa excepción de Populonia) ou dos ríos. Dous tipos de cidades:
A maioría eran de creación “espontánea” por efecto do sinecismo [unificación, convivencia] de poboados da Idade do Ferro.
Produto dunha fundación planificada.
A norma para a fundación ritual da cidade etrusca só aparece a mediados do s. VI, como un intento de racionalización das cidades de nova planta.
O ritual de fundación urbana
Toma de agoiros (auguria)
Delimitación do pomerium, recinto sagrado da cidade (mediante rego trazado con arado tirado por unha vaca e un boi brancos xunguidos).
Limitatio: trazado no interior do pomerium de dúas rúas perpendiculares, base da retícula urbanística (operación realizada polos gromatici, termo derivado de groma, o instrumento topográfico empregado para tal fin).
Paradigma de cidade etrusca: Marzabotto (finais s. VI):
Orientación segundo os puntos cardinais.
Recinto amurallado, con dúas portas.
Trazado ortogonal, a partir dun eixo N-S, cortado en ángulo recto por tres rúas, á súa vez cruzadas por eixos N-S.
Aparición baixo a vía principal dun cipo cunha cruz que marca os puntos cardinais (crux dos gromáticos), orixe do trazado dos eixos viais e proba do ritual de fundación. Posible influencia grega.
Plano de Marzabotto
Crux dos gromáticos. Marzabotto
Vivendas
Materiais de construción pobres: alicerces de cantos rolados, con paredes de adobe, aínda que tamén se usa o opus craticium (aparello de barro e pedras con travesaños de madeira; ver ilustración). As columnas, de pedra ou madeira, revístense de cerámica. Os teitos cóbrense con tellas. Evolución da casa etrusca
A primitiva casa etrusca do período villanoviano é de planta oval ou rectangular de entre 35-54 m2. Construíase con arxila, que recubría a estrutura de postes, e constaba dunha única estancia con fogar central.
Época orientalizante (VIII-VI a.C.)
Nesta época, a casa evoluciona cara a formas rectangulares con divisións internas, alicerces de pedra e muros de adobe ou tixolo. Comeza dividíndose en dúas estancias (s. VII). Máis tarde (s. VI), 2 ou 3 estancias aliñadas, precedidas por un vestíbulo transversal, ás veces porticado (deriva da casa grega do s. VIII, coñecida en Sicilia no s. VII):
Plantas de casas de época arcaica
Insula de Marzabotto
Época clásica (V a.C.)
Insula de Marzabotto: corredor de entrada con canal de desaugue, patio central con pozo para recollida de auga; 4 estancias arredor do patio, a do fondo considerada antecedente do tablinum romano. Cuberta adaptada ao patio aberto, polo que se supón 4 vertentes converxentes cara ao centro.
Os palacios
Época orientalizante: reflexo dunha clase aristocrática. En Murlo (650 a.C.), construción do palacio en lugar illado, centro do territorio pouco habitado e lugar de reunión onde vivían os dirixentes políticos.
Palacio de Murlo (vídeos 1 e 2) Reconstrución en 600 a.C.: planta cadrada con patio central porticado e rodeado de estancias. Lado NE destinado á actividade do príncipe e á súa familia. Unha das estancias aberta ao patio, con pequena estancia enfronte, posiblemente con función relixiosa.
Palacio de Murlo, planta e reconstrución hipotética.
Decoración : acróteras (vintena de personaxes sedentes, por parellas, e animais fantásticos), antefixas e lastras relivarias (temas aristocráticos: banquetes, carreiras de cabalos, mitolóxicos -asemblea de deuses...).
Acrótera e lastras decorativas do Palacio de Murlo
A súa desaparición ca. 550 a.C. relaciónase cun cambio ideolóxico relacionado co xurdimento das cidades e o poder do demos. O palacio de Acquarossa(fins s.VII- inicios s.VI) é moi parecido ao de Murlo, pero localízase en medio da cidade e o templo sepárase do palacio (división de poderes políticos e relixiosos?).
Mútulo decorado con lastras cerámicas e antefixas
Reconstrución Palacio de Acquarossa
Lastras de Acquarossa
Arquitectura relixiosa
Os templos
Miniatura votiva de templo etrusco
O máis antigo do que se ten referencia é o de Veio (principios s.VI).
Única estancia rectangular con tellado a dúas augas.
Tellado e frontón estaban revestidos con placas de terracota decoradas con relevos (representación de hoplita, carro con auriga e guerreiro, e un cabaleiro; ver foto)
Lastra do templo de Veio
Dende finais do s. VI, dous tipos de templos planimetricamente distintos: Tipo Oikos (en grego, "casa"): continuación dos primeiros templos, constituídos por unha sala precedida por un pórtico de catro columnas ou dúas in antis Templos tipo etrusco-itálico. Inclúe, entre outros, o templo toscano descrito por Vitruvio. Presenta planta case cadrada, coa metade anterior aberta e porticada con dúas fieiras de catro columnas cada unha e a parte posterior ocupada por 3 naves anexas ou ben por unha central e dúas alae laterais. Estilo toscano (tamén segundo Vitruvio): parecido ao dórico, pero con diferenzas. Columnas de fuste liso, coroadas por capitel formado por equino e ábaco e apoiada sobre basa con toro e plinto. Esta columna realízase durante os ss. VI-V.
Os templos de 3 naves coñécense en Etruria dende o s. V (p.ex. templo de Belvedere de Orvieto, no plano adxunto).
Pero este modelo escasea en Etruria e, a cambio, moitas veces temos unha
nave central con dous ambulacros ou corredores laterais,
estruturalmente moi semellantes a naves (ver abaixo planta do templo de
Talamonaccio).
Noutras ocasións, a parte posterior das alae estaba ocupada por un
pequeno ambiente pechado ao que se accedía dende a nave central (templo
de Marzabotto).
Logo están outros tipos, como o templo B de Pyrgi, que reproduce
modelos gregos de tipo períptero (rodeado de columnas exentas).
Pero este modelo
escasea en Etruria e, a cambio, moitas veces temos unha nave central con
dous ambulacros ou corredores laterais, estruturalmente moi semellantes a naves (ver planta do templo de Talamonaccio).
Noutras ocasións, a parte posterior das alae estaba ocupada por un pequeno ambiente pechado ao que se accedía dende a nave central (templo de Marzabotto).
Logo están outros tipos, como o templo B de Pyrgi, que reproduce modelos gregos de tipo períptero (rodeado de columnas exentas).
Templo de Talamonaccio
Teito do templo
Tellado de tellas planas (tégulas) e curvas (ímbrices) que, procedentes de Grecia, chegan a Etruria no s. VII a.C.
Toda a estrutura lígnea recubríase con lastras cerámicas para protexer contra a humidade.
Cara a finais do VII as placas que revestían o tímpano e o arquitrabe decorábanse con motivos de temática aristocrática (banquete ou caza)
As terracotas que decoraban os extremos dos mutuli e do columen presentan decoracións xeométricas e fitomorfas; as antefixas, cabezas femininas.
A finais do VI desaparecen os frisos figurados substituídos por motivos fitomorfos. Dende comezos do IV ao I falta a policromía e os frontóns son cerrados.
Tellado con antefixas
Decoración do tellado do templo
Lastras cerámicas con escenas de guerreiros
Necrópoles, enxovais e rituais funerarios
Conviven inhumación e incineración ao longo da historia etrusca. No protovillanoviano (finais do Bronce) difúndese a incineración, que substitúe á inhumación. Restos cremados gardados en urnas colocadas en simples pozos, que poden revestirse de pedras ou laxas.
Tumba en pozo
Urna bicónica con enxoval feminio (carretes de fío,
agullas, fíbulas, etc.)
Villanoviano (s. IX-VIII a.C.)
Urna en forma de casa
No villanoviano (Idade do Ferro, ss. IX-VIII; exemplo en Tarquinia) aparecen grandes necrópoles de incineración en lugares con grande concentración poboacional, onde posteriormente se desenvolverán núcleos urbanos. As tumbas son pozos simples ou dobres con urnas bicónicas cubertas con cascos cerámicos ou de bronce.
Na área tosco-lacial as urnas teñen forma de cabana oval ou rectangular (reflicten a arquitectura doméstica da época).
As tumbas son maioritariamente individuais, aínda que ás veces parecen revelar estruturas familiares adoptando a forma de pozos e foxas
contiguas (Tarquinia), en áreas delimitadas por círculos de pedras (ata unha quincena de enterramentos en Vetulonia: trataríase dos membros dunha gens?) A carón das urnas bicónicas cubertas con cascos cerámicos para o depósito das cinzas, os enxovais desta época rexistran, en función do sexo do defunto, navallas en forma de media lúa e obxectos propios do guerreiro para os homes (puntas de lanza, espadas); e elementos relacionados co fiado (como fusos de bronce) e adornos persoais para as mulleres.
Urna bicónica con tapa
Urna bicónica con casco como tapa
Cemiterio villanoviano de Tarquinia
Cemiterio villanoviano de Emilia
Enxoval villanoviano de Saturnia
Enxoval feminino: obxectos de fiado
Fuso fiar
Roca fiar
espada villanoviana de Lunghezza
Enxoval masculino
Fíbula villanoviana
Navalla de barbear
Navalla de barbear
Época orientalizante (finais s. VIII- principios s. VI)
No s. VIII aparecen os túmulos de grande diámetro, que adoitan estar rodeados de tumbas máis modestas.
Nos comezos as tumbas abertas nos túmulos son simples e presentan unha única estancia ou dúas como máximo; a sinxeleza da planta contrasta coa decoración interior e sobre todo cos enxovais.
Nos enxovais aumentan os obxectos guerreiros; aparecen os
cascos de bronce.
Nas tumbas de mulleres aparece o cinto de bronce con
decoración incisa e aumentan as xoias en metais nobres (reflexo dunha
clase aristocrática)
Tumba da necrópole de Macchia Buia (VIII-VII a.C.)
Cinto feminino con decoración incisa
Enxoval masculino con armas e casco de bronce
No s. VII
aparecen as tumbas de cámara que acollen a varios membros da familia.
Están cubertas tamén con túmulo cónico rodeado dun muro pétreo na parte
inferior.
Túmulo Chigi (s. VII)
Célebre vaso protocorintio de Chigi
Túmulos de Cerveteri
Debuxo de enxoval de guerreiro
En época arcaica (580-475 a.C.) continúa a tumba baixo túmulo, pero aparece un corredor de acceso (dromos), que dá paso a unha estancia a modo de adro cadrado ou rectangular e unha cámara sepulcral (ou máis, dispostas en torno ao adro) onde se dispoñían sarcófagos sobre leitos fúnebres. Continúan facéndose enterramentos en urna en foxa, que debía ser o uso funerario dos estratos sociais máis baixas.
Tumbas de Cerveteri ss. VII-VI
Tumba necrópole della Banditaccia, s.VI
Tumba de Cerveteri
1. Túmulo della Regina. Banditaccia
2. Lastra que tapiaba a entrada
3. Leito con restos de esqueletos á esquerda
4. Vasos cerámicos, parte do enxoval funerario
Tumbas de dado
Edículo. Populonia
Polo demais, existen máis variantes segundo as áreas xeográficas. En Populonia, por exemplo, hai tumbas de tipo edícula, construídas con bloques de pedra, cunha estancia e tellado a dobre vertente, como os templetes.
Época clásica
Século V: a necrópole de Tarquinia caracterízase polas tumbas pintadas, de arquitectura moi simple, sexan hipoxeas con dúas estancias axiais precedidas de dromos, ou cunha soa estancia, con varias fieiras de banquetas para depositar os sarcófagos. Século IV: en Cerveteri constrúense grandes hipoxeos de cámara única, planta rectangular con banquetas superpostas para diferentes sarcófagos (nacemento dunha nova aristocracia). O interior decórase con pinturas ou estuco (Tumba dos relevos) e a fachada exterior realízase en bloques de pedra.
Tumba hipoxea
Tumba hipoxea con bancos
Tombe dei Capiteli, Cerveteri
As tumbas tarquinias destacan polos seus espléndidos frescos
Época helenística (s. III-II)
En Vulci hai tumbas en forma de T (Tumba Françoise), con dromos con pequenas
estancias para enterramentos secundarios, que conduce a unha sala central con planta en forma de T, á que se abren estancias con elementos esculpidos e pintados.
A mediados do s.II as necrópoles abandónanse, aínda que algunhas se reocupan posteriormente. A tipoloxía etrusca, influída polo helenismo, servirá de inspiración para moitos modelos romanos.
Tumba dos relevos. Cerveteri
Tumba François, planta
Tumba François, sección
Ritual funerario
A partir da época orientalizante comézase coa exposición do cadáver en casa e as escenas de dóo.
Condúcese á tumba. Incinérase ou inhúmase.
Deposítanselle o enxoval máis as ofrendas.
No s. VI incorpóranse competicións deportivas, bailes e banquetes (pinturas de Tarquinia)
Unha parte dos xogos consistía en carreiras de cabalos e carros, competicións atléticas de lanzamento de disco e xavelina, puxilato, carreiras atléticas.
Outra parte dos xogos fúnebres incluía danzas, acrobacias, canto, etc.
Xogos e espectáculos nas pinturas etruscas
VIDEOS
Conferencia prof. Adolfo Domínguez Monedero. «El Mas Allá de los etruscos»
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios