lunes, 3 de marzo de 2014

Tema 2. A Creta minoica e o sistema palacial (2)


Síntese parcial do tema 2 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C.  San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned. 

Contidos teóricos:
4. A esfera funeraria: estruturas e ritos.
6. O afundimento do sistema palacial e a continentalización da cultura material cretense

4. A esfera funeraria: estruturas e ritos

Tipoloxía das tumbas:

  • Tumbas individuais
    • pithoi e larnakes
  • Tumbas colectivas
    • tipo tholoi
    • de cámara
    • tumbas casa

Lárnax con enxoval
Pithoi
Enterramentos individuais: en pithoi e lárnax, de forma elíptica, presentes xa a finais do Minoico Antigo. Adoitan ser individuais, aínda que poden recoller restos de máis de un individuo. Poden aparecer tanto en recintos funerarios específicos destinados ao seu depósito como en edificios sepulcrais colectivos do tipo das tumbas circulares ou de cámara.  
No Minoico Medio, os larnakes fanse máis curtos, profundos e de forma rectangular.
Lárnax rectangular
Os pithoi podían depositarse de lado ou de pé sobre a súa base. Variaban en tamaño en función do cadáver e adoitaban ser vasillas de uso doméstico reaproveitadas. Fixéronse moi comúns no Minoico Medio e mantivéronse ata o Período Monopalacial.

Enterramentos colectivos: mantéñense as tumbas tipo tholos xurdidos no Minoico Antigo. Trátase de tumbas de planta redonda construída con grosos muros, unha porta e cubertos de terra. As máis complexas podían ter unha ou varias antecámaras. A porta abría cara ao E e era moi pequena, o que se interpreta como un xeito de evitar a saída dos mortos.


Tholos de Kamilari
Antecámara de tholos


 Estas tumbas circulares podían aparecer illadas ou en grupos de dúas ou tres, ou ben en necrópoles de maior entidade.
O conxunto máis importante localizouse en Archanes (Furni, preto de Knossos).


Tholos con dromos
As estruturas podían reaproveitarse durante moito tempo, incluso séculos. En Archanes, por exemplo, detéctanse varias fases arquitectónicas, dende os Primeiros Palacios ao período Neopalacial. Durante este último aparece o dromos, longo corredor de acceso. Son tipoloxicamente semellante aos tholoi micénicos contemporáneos. Algúns sosteñen unha derivación directa das micénicas respecto das cretenses, pero outros autores o discuten.
Planta do Tholos B de Apesokari
Tumbas de Cámara: as máis antigas datan do Minoico Medio, converténdose na modalidade máis común no Recente. Trátase de estruturas escavadas na rocha ou no subsolo, con dromos, que pechaba o acceso á cámara mediante unha porta. 

Tumbas de cámara de Armeni
Tumba cámara de Mochlos
Tumba cámara de Mochlos
O acceso -stomion- ás tumbas de cámara adoitaba ser máis estreito que o dromos, que se abría a unha cámara funeraria redonda ou rectangular, con cuberta plana ou convexa. Adoitaban conter varias tumbas de inhumación, en pithoi, larnakes, cadaleitos de madeira ou depósitos directos sobre o chan da cámara.


Planta de tumba de cámara
Plano de tumbas de cámara en Mochlos
Tumbas-casa: empregadas dende o M.Antigo ata o M. Medio. Semellaban casas pero con alicerces máis sólidos. As máis complexas podían presentar piares interiores, corredores ou enlucidos pintados nos muros.



Ritual funerario nos enterramentos colectivos

Disposición dos cadáveres orientados de E-O, coa cabeza cara o E. Presentan enxoval de cerámicas, armas, recipientes de pedra e, ocasionalmente, algún elemento de prestixio como adornos de ouro e selos.
Cando o corpo se descompoñía, recollían os ósos e retirábanos para cámaras secundarias, onde ao final só se conservaban os cranios e algún óso maior.



Costumes fúnebres período Neopalacial


Son poucos os restos que poden datarse neste período. Na área de influencia de Knossos prodúcese continuidade de enterramentos en construcións anteriores (tumbas de cámara). Destacar: a tumba real de Isopata e a do templo de Knossos.
Tumba do templo de Knossos

Esta última foi construída no MM e reconstruída no MR. Tiña dous pisos: o primeiro escavado na rocha, cunha cámara rectangular e un piar. Muros revestidos de pedra e piso de lousas. A esta cámara accedíase mediante unha antecámara coa cuberta soportada por dous piares. No piso superior había unha habitación de culto. Reconstruíuse facendo novas estancias nas que se descubriron numerosas inhumacións. Os enxovais non son demasiado ricos.  

Planta e alzado da tumba do templo de Knossos

Tumba de cámara de Poros
Noutros lugares reutilízanse vellas tumbas-casa e cemiterios de pithoi.
A zona de Poros en Heraklion contén a área que proporcionou maior información: cámaras subterráneas precedidas por un curto dromos (con vasos cerámicos, selos e xoias). Aumentaban de tamaño a medida que se introducían máis mortos.
Os enxovais consisten en obxectos de bronce e armas. Teñen aparecido dous cascos de cabeiros de xabaril, que parecen presaxiar as tumbas de guerreiros micénicos.

Casco cabeiros de xabaril, Knossos (ca. 1400 a.C.)

Enxoval dunha tumba de Poros


Estruturas de enterramento. Cadro sinóptico




6. O afundimento do sistema palacial e a continentalización da cultura material cretense
  • Destrución de todos os palacios, agás Knossos, entre 1450-1430. Abandono doutros moitos lugares.
  • Posible confluencia de factores, non obstante incertos: terremotos, rivalidades internas, conquista micénica...
  • O único seguro é que os micénicos irrumpiron en Creta, dando lugar á “micenización” da illa.
  • Período monopalacial
  • Os micénicos aséntanse no palacio de Knossos (taboíñas en Lineal B), único dos palacios sobrevivintes.
  • Este período discorre entre ca. 1450-1375/50, momento da destrución definitiva de Knossos, por un incendio.
  • Novamente causas indeterminadas: ataque micénico, sublevación de poboacións minoicas?
Período postpalacial: pervivencia de documentos en Lineal B, que mostran o predominio de Chaniá (A Canea, cidade no occidente da illa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios