Esquema parcial do tema 3 do manual de Zarzalejos, M., Guiral, C. e San Nicolás, Mª P. 2010. Historia de la cultura material del Mundo Clásico. Uned.
Contidos teóricos
1. O período das tumbas de fosa e a formación do Mundo Micénico
2. Arquitectura e obras públicas
3. Os programas ornamentais: a pintura mural
4. A arqueoloxía da morte en Micenas
6. O colapso do sistema palacial. Testemuños arqueolóxicos e interpretación.
Ámbito xeográfico
Periodización micénica
1. O período das tumbas de fosa e a formación do Mundo Micénico
Heládico Recente
O mundo funerario é o indicador privilexiado dos cambios que se producen no tránsito entre o Heládico Medio ao Recente: crecemento da diferenciación social e consolidación dunha elite social (comezos do mundo micénico)
Este período arqueolóxico inclúese dentro do período histórico do Micénico Antigo, que se estende dende o período das tumbas de fosa ata a caída de Knossos (s. XIV).
Tras a decadencia cretense, prodúcese o florecemento da civilización micénica (“Imperio micénico”)
Período das tumbas de fosa 1650-1450
Círculo A de Micenas (escavado por Heinrich Schliemann en 1876)
6 tumbas de fosa escavadas no chan.
Pozos no que se escavan estruturas de forma rectangular, revestidas con muros de cachotería ou adobe.
A delimitación exterior con dobre fiada de pedras é posterior, contemporánea da Porta dos Leóns.
O corpo depositábase no chan sobre un leito de grava miúda e logo cubríase cunha cuberta de madeira sostida por postes. Esta, ao seu tempo, recubríase con terra ata a superficie.
![]() |
![]() |
Círculo B de Micenas.

Dátase en momentos algo anteriores ao círculo A (ambas entre 1650/1600-1500, segundo as teorías).
|
|
![]() |
![]() |
Sección fosa Círculo B |
Algúns corpos cubertos con sudario ao que se fixaban follas recortadas en ouro. Tamén aparecen máscaras de ouro en 6 homes adultos e un neno (retratos?), pero ningunha muller con máscara.
Os enterramentos sinalizábanse ao exterior con estelas, con decoracións en relevo.
|
|
CÍRCULO A, Tesouro da Fosa V
![]() |
CÍRCULO A, Tumba III ou "das mulleres" (contiña 3 mulleres e 3 nenos)
![]() |
![]() |
![]() |
|
Nas tumbas de fosa aparecen os máis ricos de todo o HR.
- Armas: espadas, dagas, puñais, puntas de lanza e de frecha.
- Puñais decorados con técnica de damasquinado ou “pintura en metal” con prata, ouro e niello -especie de verniz negro- (escenas de loita ou caza).
- Vasos metálicos de estilo minoico (en ouro e prata)
|
|
![]() |
|
![]() |
O Guerreiro do grifo, Pilos
No verán de 2015, os arqueólogos atoparon, moi preto do
Palacio de Néstor en Pilos (destruído ca. 1200 a.C.), unha tumba de fosa
intacta, consistente nunha fosa rectangular de 2,4 x 1,5 m. de ancho e recuberta
de muros de cachotería. Alí apareceron os restos dun guerreiro de entre 30-35
anos, de quen xa se fixo a reconstrución facial.
Os restos coñécense como The Griffin Warrior ou “Guerreiro do grifo” porque ao seu carón apareceron dous obxectos con representacións deste monstro mitolóxico, que en Pilos e Creta parece que representaban a autoridade. O conxunto foi datado en torno a 1500 a.C.
O esqueleto estaba rodeado de artefactos, á súa esquerda
armas e á dereita xoias. Ente as armas hai unha espada co puño de marfil e
ouro, varias dagas e unha punta de lanza. Sobre o esqueleto apareceron diferentes
copas de ouro, vasillas de bronce, as partes da armadura e dentes de xabarín,
supostamente pertencentes ao casco. Entre as xoias, había un colar de ouro con
dous colgantes, 4 aneis de ouro macizo e un milleiro de doas de cornalina,
amatista, xaspe, ágata e ouro. Destacan a cincuentena de selos de pedra con
deseños minoicos, 6 peines de marfil e un espello de bronce co mango tamén de
marfil. Non moi lonxe documéntase unha tumba tipo tholos, de cronoloxía posterior.
Entalle do combate de Pilos (1,4 pulgadas de ancho):
(Enlaces de interese: https://www.archaeology.org/slideshow/7911-greece-pylos-slideshow?fbclid=IwAR0sZb2c-e_LtxYDAllePk9ePB-UIBuHrx5Y6POjDUsJfggXp3lZWUElXjY;
http://www.ancienthellas.ga/2016/10/amazing-3500-yo-ancient-greek-warrior.html#; https://www.archaeology.org/issues/352-1909/features/7900-greece-pylos-mycenaean-warrior-grave
Galería de imaxes: http://www.griffinwarrior.org/griffinwarrior-gallery.html)
2. Arquitectura e obras públicas
As cidades fortificadas: edilicia e recursos defensivos.(Enlaces de interese: https://www.archaeology.org/slideshow/7911-greece-pylos-slideshow?fbclid=IwAR0sZb2c-e_LtxYDAllePk9ePB-UIBuHrx5Y6POjDUsJfggXp3lZWUElXjY;
http://www.ancienthellas.ga/2016/10/amazing-3500-yo-ancient-greek-warrior.html#; https://www.archaeology.org/issues/352-1909/features/7900-greece-pylos-mycenaean-warrior-grave
Galería de imaxes: http://www.griffinwarrior.org/griffinwarrior-gallery.html)
- As cidades fortificadas: edilicia e recursos defensivos
- Os palacios micénicos. Orixes e estrutura construtiva.
A arquitectura domésticaAs obras públicas. Obras de drenaxe e vías de comunicación
Pódese coñecer a paisaxe política de Grecia durante os séculos XIV-XIII grazas ás fontes arqueolóxicas e ás taboíñas do Lineal B. Existían varios reinos independentes con cadansúa capital administrativa, na que residiría o wanax. Cada capital reuniría as funcións políticas, económicas e relixiosas do reino, adquirindo a forma urbana dunha cidade-palacio.
A cidade-palacio
Ten unha cidadela fortificada, onde se situaba o palacio, os edificios de culto e algunhas residencias privadas de personaxes socialmente eminentes.
A cidade propiamente dita desenvolvíase arredor da cidadela, pero non sabemos se dispoñía dun sistema defensivo.
En todo caso, coñécense refuxios para poboacións dispersas, como as fortalezas de Gla (Beocia) ou de Krisa (Fócida)
|
|
Panorámica dende a cidadela de Micenas |
Características arquitectónicas
- Os muros apoian nunha cama directamente escavada na rocha.
- Emprégase o chamado “aparello ciclópeo: grandes bloques de pedra sen desbastar de ata 8 m. de altura, unidos con terra e con pedra miúda entre eles. Este tipo de arquitectura megalítica vémola en Micenas, Argos, Tirinto e a Acrópolis de Atenas.
- As cubertas, como na arquitectura funeraria, poden facerse por aproximación de fiadas, sexa en planta circular ou rectangular.
- O triángulo de descarga, para reducir o peso sobre o lintel, pode servir de soporte a un relevo feito nunha pedra máis lixeira (Porta dos Leóns)
![]() |
Aproximación de fiadas |
|
|
Varias fases na fortificación:
- Heládico Recente III A, fase máis antiga (1400-1300; Micenas, Tirinto).
- Heládico Recente III B (1300-1200), inclúe sistemas de captación e almacenamento de auga
Micenas
A fortificación máis antiga abrangue unha área pequena, na parte alta do outeiro da cidadela. Reformas posteriores integran dentro das murallas o círculo A de tumbas de fosa, construíndo deste lado a Porta dos Leóns, un bastión no lado O máis unha poterna (porta pequena dunha fortificación).
![]() |
Poterna |
|
|
|
2.2. Os palacios micénicos. Orixes e estrutura construtiva
Coñécense ata 9 palacios micénicos. Os mellor conservados son os de Tirinto, Pilos e Gla; o de Micenas coñécese só parcialmente e do de Atenas só sabemos que existiu. Todos eles erixíronse sobre altos cumios (símbolo de elevado status social?)
![]() |
Localización dos palacios |
- Hai quen a vincula cos palacios minoicos.
- Outros fano con modelos continentais moito anteriores (a “casa das tellas” de Lerna, Peloponeso, segunda metade IIIº milenio), ou non tanto, como unha serie de edificios de Menelaion (Peloponeso) do s. XV con corredores laterais.
- Unha posición máis ecléctica defende a converxencia de influencias minoicas e continentais , sendo máis obvia a influencia cretense no plano ornamental. Trataríase dunha asociación de formas e motivos minoicos cunha planimetría e estrutura propiamente heládicas.
Megaron central (sala cerimonial?): construción tripartita con porche (columnas in antis), vestíbulo e sala do trono, onde se sitúa un fogar circular rodeado por 4 columnas. O trono adoita situarse no centro da parede dereita da estancia. Paredes, teitos e pisos estaban revocados con xeso e decorados con pinturas.
|
|
|
|
|
Nalgúns conxuntos accédese a este patio mediante un própylon (adro ou pórtico monumental de entrada a unha construción ou conxunto), cunha planta característica en H, con 2 pórticos cubertos sobre columnas in antis.
|
|
O “megaron da Raíña”. Conxunto semellante ao megaron principal, pero máis pequeno e planimetría máis simple.
- En Tirinto ten 2 estancias con fogar rectangular no centro da sala do trono e un pórtico aberto a un patio.
- En Pilos é 1 soa estancia, tamén con fogar central, circular, pero sen indicios de trono.
|
|
|
|
A diferenza da disposición do palacio minoico, de tendencia centrífuga, a do micénico é centrípeta, xerarquizada e centralizada, organizada en torno ao megaron.
Técnicas construtivas
- Evidénciase o emprego de troncos de madeira nos muros para a realización de moldes, que permiten ir levantando seccións formadas por pedras irregulares e morteiro. Unha vez fraguada a estrutura, retírase a madeira e reénchese a súa impronta con barro, aínda que ás veces se deixaron no seu lugar.
- O segundo piso, onde o houbo, faríase con adobes.
- Hai tamén ventás, pozos de luz e sistemas de desaugue.
- Empréganse columnas estucadas arredor do fogar central do megaron, como nos porches e a columnata que rodea o patio.
- As cubertas facíanse con tellas planas.
O Lineal B sobre taboíñas e vasos de almacenaxe procedentes de Pilos, Micenas, Tebas e Tirinto, permítenos coñecer a producción de téxtiles, obxectos metálicos, aceite de oliva ou perfumes.
A estrutura política tamén se deduce daqueles textos, onde se menciona ao wa-na-ka (wanax) ou rei, tras o cal se situaría unha aristocracia guerreira ou con funcións militares Na base do sistema estaría o da-mo (> demos "pobo"), campesiños e artesáns libres. Por baixo, estarían os escravos.
O palacio de Néstor (Pilos)
6.1 A destrución dos palacios micénicos
- Grande destrución dos palacios a finais do s. XIII a.C., que se estende ata a primeira metade do XII (proceso gradual)
- Niveis de incendios que afectan aos palacios e outros edificios importantes, seguidos de abandonos no 90% en Peloponeso e Beocia, 50% na Ática.
1.a. O retorno dos Heráclidas:
Argumentos lingüísticos e mitolóxicos:
Mitos transmitidos polas fontes clásicas segundo os cales os Dorios (procedentes dunha suposta Doria) terían ocupado o Peloponeso acompañando aos Heráclidas (os descendentes de Heracles), quen reclamaban o seu vello dominio tras seren expulsados por Euristeo (mítico rei de Argos, antergo dos Átridas).
Refutación das hipóteses invasionistas. Argumentos arqueolóxicos
- Snodgrass e Desborough: as cistas funerarias terían rexurdido de épocas anteriores (xa coñecidas no Bronce Medio, ca. 2000 a.C.)
- Os supostos materiais dorios non aparecen repentinamente nin se relacionan sempre estratigraficamente coa destrución dos palacios.
- A chamada “cerámica bárbara” é anterior ao colapso do sistema palacial.
- J. Chadwick: o dialecto dorio non irrompeu no momento das destrucións, senón que xa estaba presente no tempo das taboíñas micénicas, antes da caída dos palacios.
Referencias nas taboíñas de Pilos a unha ameaza por mar, do que se deduciu destes movementos polo Mediterráneo o colapso dos palacios micénicos
.
Máis tarde, esa incidencia foi matizada: trataríase non tanto dunha invasión como dun efecto negativo sobre os circuítos comerciais que mantiñan a prosperidade micénica.
En realidade, a única razón para asociar a estas xentes coa Hélade é a mención nas fontes exipcias dos Ekwesh (supostamente os aqueos) como un dos pobos do mar. Estes terían abandonado os palacios para se refuxiaren en Oriente, de onde as semellanzas da cerámica micénica e filistea (dos Pelesets das fontes exipcias).
Hipóteses catastrofistas
Explicacións multicausais
A fin do mundo micénico
Enlaces de interese: fogografías de Micenas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios