4. A arqueoloxía da morte en Micenas
Ás tumbas de fosa sucédenlles, entre finais do s. XVI e finais do XIII, dous tipos de tumbas:
Tumbas de cámara
 |
Tumbas de cámara de Aidonia |
Como as cretenses, trátase de tumbas hipoxeicas compostas por una cámara, dromos –corredor- e stomion -entrada, que xeralmente se sela con pedras.
A forma adoita depender da dureza da pedra, presentando formas irregulares tendentes ao rectángulo, elipse e semicírculo.
Algunhas presentan decoración pintada con motivos simples (liñas, discos e rosetas).
Trátase de tumbas colectivas (de carácter familiar?)
A súa orixe é discutida, aínda que presentan claros paralelismos coas tumbas de cámara do norte de Creta e illa de Kythera (sur do Peloponeso). Con todo, tamén pode tratarse dun desenvolvemento das cistas e dos pozos de época anterior.

Tumbas tholoi
- Forma máis monumental da arquitectura funeraria micénica.
- Consta dunha cámara subterránea circular (thalamos), precedida por un longo dromos e un stomion que dá paso á cámara
- A cámara adoita estar revestida de muros de pedra.
- Cubríase ao exterior cun túmulo de terra e pedras.
- A cuberta interior era unha falsa cúpula por aproximación de fiadas.
 |
Tesouro de Atreo (ca. 1350-1300 a.C.) |
 |
Principal expansión das tumbas tipo tholos |
O problema das orixes. Hipóteses:
Petrificación dos túmulos do Heládico Medio (produto de evolución interna).
Derivación dos tholoi cretenses. Obxeccións: grande distancia temporal (dende o minoico antigo ao heládico recente, media máis de medio milenio) e claras diferenzas estruturais: os tholoi cretenses non eran hipoxeicos, nin presentan indicios claros de bóveda nin de túmulo (aínda que se lles supón unha cuberta de terra).
 |
Cámara |
 |
Lárnax pintado de Tanagra, Beocia |
|
 |
Thalamos subterráneo. Tholos de Existo |
|
- Ritos funerarios
Inhumación. A cremación non se rexistra ata Época Escura.
Cadáveres directamente depositados sobre o chan (sen orientación precisa), en sartegos de terracota (larnakes, ás veces pintados), ataúdes de madeira ou plataformas.
O cadáver ás veces adobiado con xoias e adornos. Ofrendas de vasos de comida e bebida, armas, ferramentas, figuriñas, sacrificios de animais (cans e cabalos)
Tras o funeral, nas tumbas de cámara o stomion tapiábase cun muro e recubríase de terra o dromos. Había que reabrilos con ocasión das visitas aos defuntos e de novas inhumacións.
Nos tholoi, pola contra, hai ocos nas entradas (entallas= “mortajas”), indicio de portas.
Pequenas canles escavadas, que comunican o dromos coa cámara, poderán relacionarse con rituais de libación, cuxos restos maniféstanse en fragmentos cerámicos das vasillas rotas tras esta cerimonia.
 |
Tumba con lárnax |
 |
Planta de tumba de cámara |
Lectura social
Tumbas de cámara e
tholoi son contemporáneas.
Discútese se son produto de diferentes clases sociais. Os tholoi dos aristócratas (grupos xentilicios e clientelas). As tumbas de cámara do pobo común.
A finais do MR estes grupos conseguiron maior prestixio a través da súa interacción coa estrutura palacial (acumulación de riquezas nas tumbas: obxectos importados de marfil: funcionarios palatinos, comerciantes?)
Na etapa final deste período, a estrutura das tumbas de cámara tende a asimilarse á dos
tholoi (perfil pseudoabovedado e fachadas máis monumentais)
 |
Porta modesta dunha tumba de cámara |
|
 |
Porta monumental |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios